3.6. A caída dun imperio: a crise da Monarquía Hispánica
Glosario
Persoa mourisca
Definición:
Persoa de orixe musulmán convertida ao cristianismo, que vivía na Península Ibérica na Idade Moderna.
Exemplo:
As persoas mouriscas foron expulsadas por Felipe III.
Valido
Definición:
Home que goza do favor e da confianza do soberano e a quen este outorga grandes responsabilidades de goberno.
Exemplo:
O valido de Felipe IV.
O declive do imperio
Tras o apoxeo dos reinados de Carlos I e Felipe II, o século XVII trae consigo o inicio do declive da Monarquía Hispánica. Malia conservar a súa extensión territorial, o imperio comeza a sufrir problemas económicos e sociais que se agravarán ao longo da centuria, baixo o goberno dos chamados Austrias menores: Felipe III, Felipe IV e Carlos II.
Felipe III
Felipe IV
Carlos II
Lectura facilitada
No século XVII comeza o declive da Monarquía Hispánica.
O imperio mantén a súa extensión territorial.
O imperio comeza a sufrir problemas económicos e sociais.
Os reis da Monarquía Hispánica no século XVII coñécense como os Austrias menores.
Os Austrias menores son: Felipe III, Felipe IV e Carlos II.
Audio
Causas do declive
Conflitos bélicos
Nun contexto europeo convulso, a Monarquía Hispánica estivo involucrada en enfrontamentos como a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) e outras guerras contra Francia e os Países Baixos. Isto debilitou o poder do imperio.
Fragmentación relixiosa no Sacro Imperio Romano Xermánico en vésperas da Guerra dos Trinta Anos
Problemas económicos
Derivados en parte das guerras, afectaron ás finanzas da coroa, que se declarou en bancarrota en varias ocasións. A suba de impostos provocou unha crise fiscal e pobreza xeneralizada.
Debilidade dos monarcas
Os Austrias menores demostraron escasa capacidade de liderado, e delegaron as tarefas de goberno en validos: persoas de confianza que asumen as funcións políticas en nome do soberano. Os validos máis destacados foron o duque de Lerma durante o reinado de Felipe III, e o conde-duque de Olivares con Felipe IV.
Velázquez: O conde-duque de Olivares
Revoltas e conflitos internos
Acentuados pola situación de crise, como a revolta dos Países Baixos que demandaba maior autonomía. Houbo tamén levantamentos contra as políticas centralistas en Cataluña e en Portugal, que recuperou a súa independencia en 1640. Todo isto debilitou a unidade do imperio.
Crise relixiosa e social
Derivada dos profundos cambios iniciados coa Reforma e a Contrarreforma. A acción máis destacada foi a expulsión das persoas mouriscas en 1609, un proceso que obrigou a unhas 300.000 persoas a marchar cara ao exilio abandonando fogares e propiedades, e deixando un fondo impacto social, económico e cultural.
Pere Oromig: Embarque de mouriscos no Grao de Valencia
Lectura facilitada
Conflitos bélicos:
Participou en guerras internacionais como a dos Trinta Anos e outras contra Francia e os Países Baixos.
Esas guerras debilitaron o imperio.
Problemas económicos:
As guerras empobreceron a coroa.
Os impostos subiron, e iso empobreceu á poboación.
Debilidade dos monarcas:
Os Austrias menores eran menos hábiles para gobernar que os reis do século anterior.
Delegaron o goberno nos validos.
Os validos eran persoas de confianza do rei, que gobernaban en nome del.
Destacaron validos como o duque de Lerma e o conde-duque de Olivares.
Revoltas e conflitos internos:
Territorios como os Países Baixos e Cataluña rebeláronse pedindo máis autonomía.
Portugal recuperou a súa independencia en 1640.
Isto debilitou a unidade do imperio.
Crise relixiosa e social:
Derivou dos profundos cambios da Reforma e a Contrarreforma.
A acción máis destacada foi a expulsión das persoas mouriscas.
Foron expulsadas do país unhas 300.000 persoas.
Iso tivo un fondo impacto.
Audio
Galicia na Idade Moderna
Co reinado dos Reis Católicos consúmase o sometemento da nobreza galega, que na guerra de sucesión castelá apoiara o bando de Xoana de Castela fronte ao de Isabel a Católica. As políticas centralizadoras propias das monarquías autoritarias aplícanse cunha serie de medidas pensadas para poñer o Reino de Galicia baixo o seu control, feito que se consuma coa visita dos Reis Católicos a Compostela en 1486.
Ademais dunha nova nobreza foránea que substitúe á local, imponse o castelán como lingua das clases altas e da administración, relegando o galego ao ámbito oral. Os asuntos de Galicia xestiónanse desde as Xuntas do Reino, e establécese a Real Audiencia como órgano de xustiza e de goberno, cun gobernador foráneo.
Así, Galicia entra na Idade Moderna como un territorio periférico da Monarquía Hispánica, con institucións alleas e perdendo parte da súa identidade política e cultural. Neste sentido, unha reivindicación constante foi recuperar o voto galego nas Cortes, que se perdera no século XV, e que non se recuperaría ata o ano 1623 co pagamento de 100.000 ducados.
As sete provincias do Reino de Galicia
Escudo do Reino de Galicia, c. 1560
Economía e sociedade
A economía galega segue caracterizada durante toda a Idade Moderna por unha marcada base agraria. Tras a inestabilidade do século XVI, con efectos climáticos adversos nas colleitas, o XVII será de crecemento, grazas en boa medida á incorporación dos novos cultivos americanos –millo e pataca- que contribúen á recuperación demográfica. A maior parte da poboación continúa a vivir no rural, onde aparece con forza a fidalguía como grupo social que vive das rendas do campo sobre unha poboación foreira.
Lectura facilitada
Desde o reinado dos Reis Católicos aplícanse medidas centralizadoras.
Imponse o castelán como lingua das clases altas e da administración.
O galego queda relegado ao uso oral.
Substitúese a nobreza local por outra foránea.
Os asuntos de Galicia xestiónanse nas Xuntas do Reino.
A xustiza adminístrase na Real Audiencia.
Imponse un gobernador foráneo.
Galicia queda relegada a un territorio periférico da Monarquía Hispánica perdendo parte da súa identidade política e cultural.
No século XV perdérase o voto galego nas Cortes.
O voto galego recuperouse en 1623.
Economía e sociedade.
Na Idade Moderna a economía galega segue a ser maioritariamente agraria.
No século XVI o mal clima produciu malas colleitas.
No século XVII a economía crece en parte grazas aos novos cultivos: millo e pataca.
No século XVII tamén aumenta a poboación como consecuencia das melloras nos cultivos.
A maioría da poboación é rural.
Aparece a fidalguía: grupo social que vive das rendas do campo.
Audio
Procurando a verdade
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
Diario de aprendizaxe
Despois de traballar tanto nesta fase 3, tócache facer as actividades correspondentes no teu diario de aprendizaxe
Lectura facilitada
Despois de traballar na fase 3, vai ao teu diario de aprendizaxe. Agora tes que facer as actividades desta fase.
Recapitulando...
Agora, para repasar toda a fase 3, vas a realizar unha destas actividades de forma individual:
Opción A: Que palabras faltan?
Le o texto seguinte e escribe as palabras que faltan.
Opción B: Esquematizando aprendemos
Guiándote polos diferentes apartados da fase 3, realiza un esquema do contido máis importante para que queden as ideas principais claras.
Opción C: Imos un paso máis alá...
Relaciona e reflexiona: como se conectan os cambios no pensamento, na relixión e na arte na Idade Moderna?
Escolle dous dos seguintes temas e escribe un texto breve (10 liñas) no que expliques como se relacionan entre si. Pensa en causas, consecuencias, influencias e cambios na sociedade da época.
Temas a escoller:
O Humanismo
A Reforma protestante
A Contrarreforma católica
A arte (Renacemento ou Barroco)
O poder e a monarquía
Unha liña do tempo moderna
Esta é unha actividade para realizar en grupos de 4 ou 5 persoas.
Nesta actividades tedes que crear unha liña do tempo que represente todos os bloques de contido que estudamos sobre a Idade Moderna e para iso tendes que escoller feitos importantes, persoas relevantes, obras de arte ou eventos curiosos. Todo ten que levar unha data e unha estrita orde cronolóxica.