Glosario
Bodegón
-
Definición:
-
Composición pictórica que representa alimentos, flores ou útiles de cociña.
-
Exemplo:
-
Un bodegón da pintora Clara Peeters.
Claroscuro
-
Definición:
-
En arte, oposición contrastada entre zonas iluminadas e zonas ensombrecidas.
-
Exemplo:
-
Na pintura barroca son habituais os claroscuros.
Columna salomónica
-
Definición:
-
Aquela que ten o fuste en forma espiral ou helicoidal.
-
Exemplo:
-
As columnas salomónicas foron moi empregadas na arquitectura barroca.
Escorzo
-
Definición:
-
Postura dunha figura perpendicular ou oblicua con respecto ao plano no que se representa.
-
Exemplo:
-
A finalidade do escorzo é lograr perspectiva e profundidade.
Imaxinaría
-
Definición:
-
Talla ou pintura de imaxes relixiosas.
-
Exemplo:
-
A súa carreira como escultora centrouse na imaxinaría relixiosa.
Persoa mística
-
Definición:
-
Persoa que practica unha fe moi intensa, buscando o contacto directo con Deus.
-
Exemplo:
-
Era considerada unha persoa mística pola súa devoción.
Policromado ou policromada
-
Definición:
-
Que ten varias cores.
-
Exemplo:
-
Unha escultura policromada.
Tenebrismo
-
Definición:
-
Recurso pictórico baseado en contrastes de luz e sombra moi esaxerados cunha finalidade expresiva.
-
Exemplo:
-
O tenebrismo é característico de pintores barrocos como Caravaggio.









.jpg)
.jpg)

.jpg)




