Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía Hispánica
3.3. Sorpresa, sorpresa!: quen estaba en América? Os pobos precolombianos
Glosario
Astronomía
Definición:
Ciencia que estuda a formación e evolución dos astros.
Exemplo:
Moitos pobos precolombianos tiñan coñecementos de astronomía.
Elite
Definición:
Conxunto de personas privilexiadas dunha sociedade.
Exemplo:
O emperador azteca pertencía á elite.
Ourivaría
Definición:
Elaboración de obxectos a partir de metais preciosos.
Exemplo:
O pobo inca elaboraba obxectos de ourivaría feitos en ouro e prata.
Politeísta
Definición:
Que cre en varios deuses ou deusas.
Exemplo:
A cultura maia era politeísta.
Sacrificio
Definición:
Rito relixioso que consiste en matar a un animal ou a unha persoa para ofrecerlla a unha divindade.
Exemplo:
O pobo maia facía sacrificios humanos, xeralmente con persoas prisioneiras de guerra.
Socalco
Definición:
Terra de cultivo situada nun terreo con moita pendente.
Exemplo:
A poboación inca cultivaba en socalcos na cordilleira dos Andes.
Troco
Definición:
Intercambio dun obxecto por outro de igual ou similar valor.
Exemplo:
Os pobos precolombianos usaban o troco como forma de intercambio.
Características dos pobos precolombianos
Para axudarche no reto, tes que coñecer que pobos había antes da chegada de Cristovo Colón e cales eran as súas características a nivel social, económico, político, relixioso e artístico. Cando teñas toda a información poderás comparalo cos cambios que sufriron durante a conquista e, así, terás máis datos para reflexionar sobre si foi positiva ou negativa.
Como podes imaxinar, o continente americano era un territorio habitado desde había de máis 20.000 anos por culturas que se foron desenvolvendo, as chamadas precolombianas, moitas delas, creando civilizacións moi avanzadas, como a maia, a azteca e a inca.
Cales eran as características comúns dos pobos precolombianos?
Economía
>
A actividade económica principal era a agricultura, pero tamén se dedicaban á gandaría, á minaría e ao comercio. Usaban o troco.
Sociedade
A sociedade estaba presidida polo rei ou raíña ou polo emperador ou emperatriz, seguido da nobreza, dos sacerdotes ou sacerdotisas, do exército e do funcionarado. As clases baixas estaban formadas por persoas campesiñas, comerciantes, artesás e escravas.
Relixión e arte
Eran politeístas e realizaban sacrificios humanos ás súas divindades. Edificaron grandes pazos e templos e realizaron esculturas de pedra, madeira ou ouro, ademais de obxectos de ourivaría.
Obras públicas
Realizaron grandes obras de enxeñaría (pontes, murallas, camiños...) e tiñan coñecementos sobre astronomía e matemáticas.
Lectura facilitada
Para axudarche no reto tes que:
Coñecer que pobos había antes da chegada de Cristovo Colón e as súas características a nivel:
Social
Económico
Relixioso
Artístico
Cando teñas toda a información poderás comparalo cos cambios que sufriron durante a conquista.
Terás máis datos para reflexionar si a conquista foi negativa ou positiva.
O continente americano era un territorio habitado desde había de máis 20.000 anos.
As culturas precolombianas crearon civilizacións moi avanzadas como a:
Maia
Azteca
Inca
Características dos pobos precolombianos:
Economía:
A actividade económica principal era a agricultura.
Tamén se dedicaban á gandaría, á minaría e ao comercio.
Usaban o troco.
Sociedade:
A sociedade estaba presidida polo rei ou emperador, a nobreza, os sacerdotes, o exército e o funcionariado.
As clases baixas estaban formadas por persoas campesiñas, comerciantes, artesás e escravas.
Relixión e arte:
Eran politeístas e realizaban sacrificios humanos ás súas divinidades.
Edificaron grandes pazos e templos.
Realizaron esculturas de pedra, madeira, ouro e obxectos de ourivaría.
Obras públicas:
Realizaron grandes obras de enxeñaría (pontes, murallas, camiños...)
Tiñan coñecementos sobre astronomía e matemáticas.
Audio
Maias, aztecas e incas
Vas a coñecer as características das tres culturas precolombinas máis importantes, para que te fagas unha idea dos seus aspectos políticos, sociais, económicos, relixiosos e artísticos. Coñecelas, axudarache a comprender como cambiou a súa vida despois da conquista e valorar se a súa existencia mellorou ou empeorou.
A cultura maia
Desenvolveuse no territorio da mayor parte de América Central, desde o norte de Belice ata Guatemala e o sur de México, entre os séculos V e XV.
Organizábase en cidades-estado independentes.
A sociedade estaba moi xerarquizada, sendo os grupos privilexiados o rei, a nobreza, os sacerdotes ou sacerdotisas, o funcionariado e o exército, e os non privilexiados, as persoas campesiñas, comerciantes e artesás.
A súa principal actividade económica era a agricultura e o cultivo máis importante, o millo. Tamén, contaba cunha importante red comercial (produtos téxtis, ferramentas, productos agrícolas e persoas escravas.)
Construiron moitas cidades arredor dos centros relixiosos máis importantes, ademais de grandes palacios e templos en forma de pirámide. A cidade máis importante era Chichén Itzá.
Eran politeístas, sendo o deus máis importante Hun Hunahpu, deus do millo.
Posuían técnicas avanzadas de regadío, cultivaban en socalcos, practicaban a escritura, usaban o número cero e tiñan un calendario moi complexo, sendo capaces de predicir eclipses.
A cultura Maya entrou en decadencia no século X d.C., cando abandonaron as principais cidades.
O pitz, ou xogo de pelota, antecedente do fútbol, pero máis prexudicial para as persoas que perdían, xa que se cre que eran sacrificadas en honor das divindades do sol e da lúa.
A cultura azteca
Desenvolveuse no territorio da actual Guatemala e da maior parte de México, entre os séculos XIII e XVI.
A capital do Imperio era Tenochtitlán, que domiñaba un amplo territorio con millóns de habitantes e que se expandiu militarmente, sometendo a outras cidades e pobos, impoñéndolles impostos.
A sociedade dividíase entre a elite, composta polo emperador (tlatoani), a nobreza, os sacerdotes o sacerdotisas, as persoas guerreiras e o funcionariado; e o resto da poboación, composta por persoas agricultoras, artesás, comerciantes e prisioneiras de guerra.
A principal actividade económica era a agricultura, practicada nas chinampas ou illas artificiais sobre lagos.
Destacou pola súa arquitectura relixiosa, con templos piramidais escalonados e outros excavados na rocha.
Eran politeístas, destacando o deus Quetzalcoatl, ao que se lle ofrecían sacrificios humanos, sobre todo, persoas prisioneiras de guerra.
Tiñan unha escritura pictográfica e escribían poesía.
A cultura inca
Desenvolveuse nun territorio moi amplo, entre Colombia e Arxentina entre os séculos XII e XVI.
A cidade máis importante era Cuzco.
A sociedade dividíase entre a elite, composta polo Inca (rei) e a súa familia, a nobreza, os sacerdotes ou sacerdotisas e os xefes do exército (orejones) e o resto da poboación: persoas agricultoras, artesás, comerciantes e escravas.
A principal actividade económica era unha agricultura moi desenvolvida, na que destacaban os socalcos das zonas andinas, os avanzados sistemas de regadío e acueductos e a gandaría.
O estado repartía os excedentes agrícolas entre as zonas máis desfavorecidas.
Eran politeístas, destacando Viracocha (deus creador) e o culto ao sol e á lúa.
Realizaban sacrificios animais e, ás veces, humanos.
A nivel constructivo, destacaron complexos arquitectónicos como Machu-Pichu.
Desenvolveron unha escritura parcial ou quipus, cunha función administrativa, e levaron a cabo obras de enxeñaría civil, como unha rede viaria que conectaba todas as rexións do imperio coa cidade de Cuzco.
Lectura facilitada
Vas a coñecer as características das tres culturas precolombianas máis importantes.
Faraste unha idea dos seus aspectos políticos, sociais, económicos, relixiosos e artísticos.
Axudarache a:
Comprender como cambiou a súa vida despois da conquista.
Valorar se a súa existencia mellorou ou empeorou.
A cultura maia
Desenvolveuse no territorio da maior parte de América central entre os séculos V e XV.
Organizábase en cidades-estado independentes.
A sociedade estaba moi xerarquizada.
Os grupos privilexiados eran o rei, a nobreza, os sacerdotes ou sacerdotisas, o funcionariado e o exército.
As persoas non privilexiadas eran campesiñas, comerciantes e artesás. A súa principal actividade económica era a agricultura.
O cultivo máis importante era o millo.
Tiña unha importante rede comercial.
Comerciaban con produtos téxtis, ferramentas, produtos agrícolas e persoas escravas.
Construiron moitas cidades, palacios e templos en forma de pirámide.
A cidade máis importante era Chichén Itzá.
Eran politeístas.
O deus máis importante era Hun Hunahpu, deus do millo.
Posuían técnicas avanzadas de regadío e cultivaban en socalcos.
Practicaban a escritura.
Usaban o número cero.
Tiñan un calendario moi complexo, sendo capaces de predicir eclipses.
Entrou en decadencia no século X d.C., cando abandonaron as principais cidades.
O pitz, ou xogo de pelota, é antecedente do fútbol.
Crese que sacrificaban a quen perdía en honor das divindades do sol e da lúa.
A cultura azteca
Desenvolveuse no territorio da actual Guatemala e da maior parte de México.
Desenvolveuse entre os séculos XIII e XVI.
A capital do Imperio era Tenochtitlán.
Dominaban un territorio con millóns de habitantes.
Expandiuse militarmente.
Someteu a outras cidades e pobos e impuxo impostos.
A elite era o emperador (tlatoani), anobreza, os sacerdotes ou sacerdotisas, as persoas guerreiras e o funcionariado.
O resto da poboación eran persoas agricultoras, artesás, comerciantes e prisioneiras de guerra.
A principal actividade económica era a agricultura.
A agricultura practicábase nas chinampas ou illas artificiais sobre lagos.
Destacaron os templos piramidais escalonados e outros excavados na rocha.
Eran politeístas, destacando o deus Quetzalcoatl.
Ofrecían sacrificios humanos, sobre todo, prisioneiras de guerra.
Tiñan unha escritura pictográfica e escribían poesía.
A cultura inca
Desenvolveuse entre Colombia e Arxentina.
Desenvolveuse entre os séculos XII e XVI.
A cidade máis importante era Cuzco.
A elite eran o Inca (rei) e a súa familia, a nobreza, os sacerdotes e os xefes do exército (orejones).
O resto da poboación eran persoas agricultoras, artesás, comerciantes e escravas.
A principal actividade económica era unha agricultura moi desenvolvida.
Destacaban os socalcos das zonas andinas con avanzados sistemas de regadío e acuedutos.
Desenvolveron a gandaría (alpacas, vicuñas, llamas).
O estado repartía os excedentes agrícolas entre as zonas máis desfavorecidas.
Eran politeístas, destacando Viracocha (deus creador) e o culto ao sol e á lúa.
Realizaban sacrificios animais e, ás veces, humanos.
Destacaron complexos arquitectónicos como Machu-Pichu.
Desenvolveron unha escritura parcial ou quipus, cunha función administrativa.
Levaron a cabo obras de enxeñaría civil.
Unha rede viaria que conectaba todas as rexións do imperio coa cidade de Cuzco.
Audio
Comprobando o que sabes
Repasemos agora o que acabamos de aprender. Escribe o concepto correcto relacionado coa definición ou escolle as respostas correctas ás preguntas sobre as tres civilizacións precolombinas.