Saltar navegación

1. Arrancade: sodes xornalistas

A viaxe no tempo: 700 anos atrás.

Os señoríos feudais, os castelos, as cidades, os mosteiros, a cristiandade... cabaleiros, raíñas, monxes, servos, burguesía... van conformando os espazos e a vida na Europa da Idade Media, pero... ata cando? Os anos de crecemento da economía e da poboación perdurarán ata finais da Idade Media?

No seguinte vídeo poderás ver un pequeno resumo do período que deseguido vas estudar.


Preparados para trasladarvos mentalmente a un dos momentos máis dinámicos e interesantes da historia da humanidade? O período final da Idade Media foi unha etapa de grandes desafíos e de enormes cambios. Unha época na que a sociedade tivo que buscar solucións a graves problemas como as fames, as protestas sociais e á terrible epidemia coñecida como peste negra.

Castelo e campesiños son aspectos clave da Idade Media.
Fotografía na que se aprecia un castelo medieval e uns campesiños


Tende por seguro que cada unha das actividades e retos que se vos proporán realizar será unha aventura que vos axudará a coñecer mellor aquela época e a convertervos en conselleiros dun monarca enfrontando a problemas de difícil solución.

É o momento de iniciar a viaxe, preparade unha pequena mochila na que meter unha reducida equipaxe e unha grande ilusión.

Ánimo.

Lectura facilitada

Os señoríos feudais, os castelos,

as cidades, os mosteiros, a cristiandade...

cabaleiros, raíñas, monxes, servos, burguesía...

crean os espazos e a vida na Europa da Idade Media

pero... ata cando?

Os anos de crecemento da economía e da poboación

perdurarán ata finais da Idade Media?

Preparados para trasladarvos mentalmente á Idade Media?

O período final da Idade Media foi unha etapa de grandes cambios.

Unha época na que a sociedade tivo graves problemas

como as fames, as protestas sociais e a peste negra.

Iniciaremos unha viaxe para coñecer mellor aquela época.

Preparade unha pequena mochila cunha reducida equipaxe

e unha grande ilusión.

Ánimo.

Que vas aprender nesta aventura?

Nesta aventura poderás aprender...

  • Que é a Baixa Idade Media.
  • En que aspectos se manifesta a crise do século XIV.
  • O impacto que a crise tivo na poboación europea.
  • Que consecuencias tivo esta crise a nivel político, social e cultural.
  • Como os cambios producidos contribuíron a sentar as bases da Idade Moderna.
  • Como afectaron estes procesos a Galicia.

Lectura facilitada

Nesta poderás aprender...

  • Que é a Baixa Idade Media.
  • En que aspectos se manifesta a crise do século XIV.
  • O impacto que a crise tivo na poboación europea.
  • Que consecuencias tivo esta crise a nivel político, social e cultural.
  • Como os cambios producidos contribuíron a sentar as bases da Idade Moderna.
  • Como afectaron estes procesos a Galicia.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)