Planificando a viaxe dos nosos rapaces e rapazas
O primeiro grupo de alumnado formado na aula do profesor Paco serán os nosos protagonistas:
Lía
Lía vive lonxe do Instituto. Vive cos seus avós nos suburbios, a uns 8 quilómetros de distancia. Vai e ven a casa nun autobús propulsado por un motor de combustión diésel, tódolos días.

Roi
Vai nunha bicicleta de montaña dende o seu barrio, a uns 2 quilómetros de distancia do seu instituto.

Anxo
Anxo vive máis preto que Lía, pero máis lonxe que Roi. Fai uns 4 quilómetros en patinete de ida e outros tantos de volta.

Iria
Iria é a que máis lonxe vive na propia cidade. Os seus pais teñen unha casa a uns 15 quilómetros do instituto e lévana e tráena tódolos días nun moderno coche eléctrico.

Breixo
Breixo é o que máis preto vive. Apenas a 1 quilómetro, polo que pode ir andando ao colexio.

Antía
Antía xa é maior de idade. Acaba de sacarse o carné de conducir, e vai no coche herdado do seu irmán maior, movido por un motor de gasolina. Vive a uns 15 km. do seu centro educativo.
