Saltar navegación

1.1. Un planeta en perigo ou a fin do noso modo de vida?

Antes de comenzar preguntámonos

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Antes de comezar coa nosa viaxe é preferible deseñar con coidado que medios de transporte podemos usar, que rutas tomar e cal é o resultado de cada traxecto en relación á pegada de carbono no Medio Ambiente de cada un dos nosos protagonistas. Pensa que cada un destes viaxes é moi importante para salvalo noso Planeta!!!

Para levar conta de todo o acontecido empregaremos o diario de aprendizaxe, unha especie de caderno de bitácora onde anotaremos o que vaiamos aprendendo, así como o que consideremos oportuno do proceso de ensino-aprendizaxe.

Aumento de CO2 atmosférico Ortisa (talk), CC BY-SA 3.0

Agora, repasa a imaxe anterior e analiza canto dióxido de carbono hai na atmosfera e como foi variando esa cifra ao longo das últimas décadas. Logo, podes anotar no teu diario de aprendizaxe as respostas:

  • En que época se disparou a acumulación de dióxido de carbono na atmosfera?
  • Cal cres que foi a causa principal? Que cifras de dióxido de carbono calcúlanse hoxe como habituais na atmosfera?

Lectura facilitada

Debuxo dun diario de aprendizaxe

Antes de comezar coa nosa viaxe pensa

  • que medios de transporte podes usar,
  • que rutas podes tomar e
  • cal é o resultado final de cada traxecto

Debes valorar estes factores en relación á pegada de carbono no Medio Ambiente.

Pensa que cada un destes viaxes é moi importante para salvalo noso Planeta!!!

Empregarás o Diario de aprendizaxe para reflexionar sobre o que vaias aprendendo.

Aumento de CO2 atmosférico Ortisa (talk), CC BY-SA 3.0

Mira a imaxe e analiza canto dióxido de carbono hai na atmosfera.

Analiza como foi variando a cantidade de dióxido de carbono nas últimas décadas.

Debes anotar no teu Diario de aprendizaxe as respostas:

  • En que época se disparou a acumulación de dióxido de carbono na atmósfera?
  • Cal cres que foi a causa principal?
  • Que cifras de dióxido de carbono son hoxe habituais na atmosfera?

Contaminación e enerxía.

No fondo da cuestión, todo se resume en dúas palabras: fabricación e enerxía.

Eses dous son os principais factores contaminantes. Temos que conseguir que as formas de producir, aclimatarnos e de movernos sexan sostibles, reducindo as enerxías fósiles e as materias primas limitadas, por enerxías limpas e materias primas ilimitadas.

Todo isto levaranos ao seguinte nivel, o chamado desenvolvemento sostible, onde a enerxía verde (hidroelectricidade, solar, eólica e mareomotriz) e os materiais reciclables (seguindo as regras das 5 R), co cal lograremos mellorar a nosa calidade e a conservación do Medio Ambiente.

Agora, tras ver os vídeos que vos mostramos a continuación, fai unha táboa no teu Diario de aprendizaxe e anota as respostas as seguintes preguntas:

  • Cales son os beneficios de cada enerxía verde?
  • Cres que substituíndo as enerxías fósiles polas verdes é suficiente para salvalo planeta?
  • No fondo, a que continentes afectan estes problemas? Que teñen en común?

As enerxías verdes

A enerxía hidráulica

Enerxía eólica

Enerxía solar

Enerxía mareomotríz

Enerxía xeotérmica

Lectura facilitada

A fabricación e a enerxía son os principais factores contaminantes.

O desenvolvemento sostible traballa con enerxías renovables e materias reciclables.

Apoio visual

As enerxias verdes

Escribe no teu diario de aprendizaxe!

Deberás cubrir este diario de aprendizaxe segundo te indiquen as instrucións do recurso e segundo avances na túa aprendizaxe. Servirache de axuda para:

  • Reflexionar sobre a túa aprendizaxe.
  • Autoavaliarte.
  • Compartir información cos teus compañeiros e compañeiras do grupo.
  • Conseguir o reto proposto.

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaAo longo deste diario de aprendizaxe encontrarás actividades individuais e actividades grupais.

Agora, abre o teu diario de aprendizaxe e escribe o que consideres de interese nestas propostas:

  • Recordabas estes coñecementos de Primaria?
  • Por último, redactade unha pequena reflexión (5–10 liñas), coas túas palabras, sobre a relación entre o aceleramento do quecemento global climático e a contaminación producida pola Revolución Industrial.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)