Saltar navegación

Na procura do tesouro

O pirata... Dandoanota!

Duración:
00:15
Agrupamento:
Ilimitado
Pirata
EgoAltere (Pixabay). Pirata remar huesos (CC BY)

De seguro que todos coñecemos algunha desas lendas sobre intrépidos piratas que sobreviven atravesando os sete mares na procura dun tesouro agochado, e loitan desafiando a poderosos exércitos en batallas que adoitan rematar en naufraxio. Pero... a que nunca vos imaxinariades como protagonistas destas fabulosas historias? Pois ben, chegou o momento de plantarlle cara e aceptar o reto pirata que ven a continuación. Estades preparados/as?

CONTO MOTRIZ

INDICACIÓNS

Esta actividade é un conto con movemento, no que o propio alumnado será o protagonista da historia que imos contar. A medida que reproducimos o conto, a narración da propia historia exercerá de guía para coñecer os movementos corporais que deberemos realizar en cada momento, como se nós memos fósemos os protagonistas do relato. O conto titúlase "O pirata Dandoanota", e atoparédelo como documento adxunto ao rematar esta tarefa. A historia ten un formato audiovisual, polo que precisamos un equipo de son e un proxector ou pizarra dixital interactiva (PDI) se queremos realizar a actividade en gran grupo. Neste caso deberemos ter en conta as seguintes consideracións:

A TER EN CONTA

  • Precisaremos un espazo amplo no que os participantes poidan realizar diferentes movementos sen dificultade e respectando sempre unha distancia prudencial.
  • É recomendábel que cada persoa teña unha alfombra ou cochoneta para poder deitarse no chan de maneira cómoda.
  • A finalidade desta proposta didáctica é involucrar ós participantes no conto, polo que deberemos manter un clima de traballo axeitado e seguir as indicacións motrices do vídeo.

Recordade que trátase dunha proposta dinámica, e para levar a cabo a actividade, deberedes reproducir co voso propio corpo as consignas de movemento que se van sucedendo coa narración da historia, seguindo as recomendacións anteriores.

No seguinte vídeo podedes reproducir a historia, e non esquezades estar atentos/as as indicacións que se fan entre paréntese para non trabucarnos. Imos aló!

Vídeo "O Pirata Dandoanota"
Iván Suárez. O Pirata Dandoanota (CC BY)



Podedes visualizar e descargar o conto que acabamos de ver como documento a continuación:

Iván Suárez. "O pirata Dandoanota" (CC BY)