Saltar navegación

Movemos o esqueleto

Comunicámonos co noso corpo!

Esqueletos bailando
Stories (Freepik). Ilustración de concepto de esqueletos bailando (CC BY)

Xusto o que imaxinabamos! Xa que estamos todos e todas facendo a roda da actividade anterior, imos a aproveitar para desengraxar un pouco as nosas articulacións. Seguiremos empregando o mesmo material, é dicir, os ritmos que compuxeramos e que son agora os nosos propios alcumes. A gran diferenza é que desta volta imos a chamarnos usando o noso propio corpo. Atendede a como vai!

FUNCIONAMENTO DA ACTIVIDADE

Imos a asociar cada un dos ritmos a unha acción concreta co noso corpo, a un movemento determinado. Isto non quere dicir que xa non empreguemos a voz, senón que sincronizaremos a voz e o movemento das distintas partes do corpo. Como o imos a conseguir? Deberemos practicar primeiro cada un o seu ritmo, como fixeramos na rolda de presentación. Unha vez esteamos familiarizados cos movementos (amosados na seguinte táboa), pois xa poderemos comezar a chamar nas diferentes quendas aos nosos compañeiros e compañeiras!

De novo, podedes empregar a ferramenta do metrónomo reproducindo o seguinte arquivo de audio:

Metrónomo (70 bpm)

TÁBOA DE MOVEMENTOS

TÁBOA DE MOVEMNTOS
Iván Suárez. Táboa de movementos (CC BY)

Podedes descargar a táboa en formato pdf facendo clic AQUÍ