Actuación relampo

Ao longo deste reto descubriches diferentes formas de describir e representar un son, e todo isto a ritmo de swing!
Espertaches a túa conciencia sobre o problema da contaminación acústica e aprendiches a escoitar o "silencio".
Fuches quen de improvisar e mesmo compoñer unha peza de ritmo pensada para obxectos. Conseguiches converter o ruído en música!
Chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido e poñer en marcha a túa actuación relampo.
Actuación relampo
Paso 1: creación dunha peza rítmica
- Na páxina 2.2. "O que nunca escoitas" realizaches unha listaxe de obxectos que producen patróns rítmicos constantes.
- Na páxina 3.1. "A que soa o teu centro?" realizaches unha escoita activa e representaches de forma gráfica os sons da túa contorna mentres permanecías en silencio.
- Na páxina 3.7. "Nesta clase non se escribe!" convertiches botellas baleiras nun botellófono, un instrumento co que se poden interpretar melodías.
- Na páxina 3.8. "Hora de crear" elaboraches unha peza musical para percusión corporal cun mínimo dúas partes contrastantes. Neste punto tamén aprendiches a expresarte coa música realizando unha improvisación.
Paso 2: interpretación con obxectos
- Na páxina 3.7. "Quen fala?" analizaches os diferentes timbres dos obxectos que te rodean no teu centro e elaboraches unha lista.
- Na páxina 3.8. "Hora de crear" adaptaches a túa composición para percusión corporal para ser interpretada cos obxectos da túa lista e co teu botellófono na actividade "Unha orquestra de lapis e bolis".
Paso 3: creación dunha posta en escena
- Na páxina 3.6. "E ti sen paraugas..." elaboraches un slogan informativo para concienciar sobre a contaminación acústica na aula.
Paso 4: sorprender as demais persoas
- Chega o momento de realizar unha posta en escena na que lle amoses ás demais persoas que se pode facer música con obxectos do teu centro.
- Aproveita a túa actuación relampo para concienciar sobre a contaminación acústica cun pequeno discurso que remate co teu slogan.
