Glosario
Slogan
-
Definición:
-
Frase breve pegadiza con certa orixinalidade que se utiliza na propaganda.
-
Exemplo:
-
O slogan desta marca de xabón é moi divertido.
Definición:
Frase breve pegadiza con certa orixinalidade que se utiliza na propaganda.
Exemplo:
O slogan desta marca de xabón é moi divertido.
Un venres a última hora, estás pensando soamente que faltan uns poucos minutos para comezar a fin de semana.
Dicían que ía chover, pero de momento brilla o sol. Menos mal porque non tes paraugas.
De repente "bruuuuum" escoitas un trono, moi suave, case nin se sinte. Seguro que non foi nada.
Aos poucos minutos, "BRUUUUUUUUUM!!!" outro trono máis forte.
Comeza a chover, e tin sen paraugas!!
Estás na clase e soa un trono.
Como está lonxe, soa suave.
Uns minutos despois soa outro trono.
Como está máis preto, soa máis forte.
Nun principio o trono estaba lonxe e soaba moi suave, pero cando a tormenta se achegou ao colexio o trono soou moito máis forte.
O son do trono cambiou a súa intensidade que é o parámetro do son que nos indica se é forte ou suave.
A intensidade é a calidade do son que che permite distinguir se un son é forte ou débil.
Depende directamente da amplitude da onda sonora: canto maior é a vibración, máis forte soa.
Para entendela mellor, lembra:
Entre o primeiro e o segundo trono produciuse un cambio de intensidade.
A intensidade é a calidade do son que nos permite identificar se é forte ou suave.
Mídese en decibeis (dB).
Indícase na partitura cos matices de intensidade.
.png)
Para poder atender nas clases, é preciso ter silencio para que se produza o intercambio de información.
O mesmo sucede cando usas os instrumentos. É moi importante tocar exclusivamente cando chegue o momento para evitar ruído excesivo na aula.
Reflexiona 3 situacións nas que a intensidade do ruído sexa tan elevada que sexa molesto.
A continuación escolle unha delas e elabora un slogan informativo para concienciar sobre esta situación.
Esta peza comeza e remata dun xeito distinto, podes identificar en que aspectos cambia?
A música pode modificar a súa intensidade e para iso empregas os matices de intensidade nas partituras.
Se compós unha peza e queres indicar que un son vai ser moi forte ou moi suave podes utilizar as seguintes indicacións:

| Signo | Terminoloxía | Significado | Equivalencia Vocal |
|---|---|---|---|
| ppp | Moi, moi suave | Musitar | |
| pp | Pianissimo | Moi suave | |
| p | Piano | Suave | |
| mp | Mezzopiano | Medio suave | Voz falada |
| mf | Mezzoforte | Medio alto | |
| f | Forte | Alto | |
| ff | Fortissimo | Moi alto | |
| fff | Moi, moi alto | Gritar |
Tamén se utilizan os reguladores que indican o cambio progresivo de suave a forte ou ao revés:

Crescendo Diminuendo
Ordena de menor a maior os matices de intensidade.

Agora que xa coñeces os parámetros do son e traballaches sobre eles.
Antes de nada, debes pararte a reflexionar sobre o que aprendiches ao longo desta fase.
Lembra que estes coñecementos serán de grande axuda durante o proceso, tanto a nivel individual como colectivo.
É o momento de ir ao teu diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o traballo realizado.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0