Saltar navegación

1.1. Do ruído ao ritmo

 

Glosario

Actuación relampo

Pictograma de unha persoa bailando con notas musicais ao redor.

Definición:

Acción na que un grupo de persoas se reúnen nun espazo público para realizar unha actuación sorprendendo o resto de persoas.

Exemplo:

O domingo estaba na praza e vin unha actuación relampo na que pouco a pouco apareceron persoas bailando unha canción sobre o medio ambiente.

Posta en escena

Teatro con butacas e un escenario con dúas persoas actuando.

Definición:

Deseño e preparación de todos os elementos visuais que acompañan unha produción teatral como poden ser o vestiario ou a decoración.

Exemplo:

O grupo tivo unha gran posta en escena grazas ao seu vestiario.

Actuación relampo

Pictograma de tres persoas bailando con notas musicais ao redor.

Vas crear unha actuación relampo no teu centro.

Este reto consiste en compoñer unha peza musical empregando obxectos non musicais (cadernos, bolis ou estoxos).

Unha vez creada a composición, realizarás en grupo unha posta en escena nalgún dos espazos do centro.

Actuación relampo 

Pictograma dun documento coa parte superior con dúas persoas con notas musicais. Paso 1: creación dunha peza rítmica

  • Analizarás os diferentes sons e ritmos non musicais que te rodean.
  • Crearás diferentes ritmos empregando percusión corporal.
  • Unha vez teñas os ritmos, deberás ordenalos cun sentido musical. O obxectivo é crear unha composición musical rítmica en grupo.

Material escolar organizado sobre unha mesa: inclúe un estoxo, papel, bolígrafos e unha axenda.Paso 2: interpretación con obxectos

  • Reflexionarás sobre como afecta a contaminación sonora ás persoas.
  • Analizarás os posibles sons que se poden realizar con obxectos.
  • Escollerás os obxectos que máis che interesen para facer ritmos.
  • Adaptarás a peza de percusión corporal aos obxectos escollidos. O obxectivo é interpretar a composición creada en grupo con obxectos non musicais.

Tres partituras con pentagramas, notas musicais e a clave de sol.Paso 3: creación dunha posta en escena

  • Escribirás un texto que recolla todas as problemáticas que presenta a contaminación sonora.
  • Crearás unha posta en escena para realizar nun dos espazos do centro.
  • O obxectivo é crear unha actuación musical e acompañala dunha reflexión sobre a contaminación acústica.

Dúas persoas vendo fogos de artificio.Paso 4: sorprender as demais persoas

  • Realizarás en grupo a posta en escena para sorprender as demais persoas do centro.
  • Tras a actuación, realizarás unha explicación sobre a contaminación sonora e as súas consecuencias.
  • O obxectivo é empregar a música para concienciar sobre a contaminación sonora.

Que vas aprender?

Coa realización deste reto aprenderás a:

  • Distinguir e analizar os parámetros do son.
  • Identificar os principais elementos rítmicos e melódicos que conforman a música.
  • Utilizar distintas técnicas de improvisación, desde a libre ata a través de directrices establecidas en certos tipos de música.
  • Afondar no concepto de contaminación acústica e as súas consecuencias.
  • Traballar en equipo e distribuír tarefas de forma coordinada e consensuada.
  • Coñecer as fases para a creación e posta en escena dunha actuación musical. 

Sempre en equipo

Como formar o equipo?

1.Pictograma dunha persoa reflexionando co dedo apuntando á cabeza e un bocadillo cun círculo vermello. Reflexiona

Reflexiona sobre as seguintes habilidades e autoavalía os seguintes aspectos co diagrama de tea de araña de abaixo:

  • Responsabilízome das tarefas.
  • Respecto as ideas dos demais.
  • Achego ideas.
  • Sigo ben o ritmo.
  • Capacidade de escoita.

2.Pictograma dunha persoa buscando sobre unha mesa con dous círculos brancos e un vermello. Tamén inclúe un globo de texto cun círculo vermello mentras a personaxe sinalando a cabeza co dedo Busca

  • Busca compañeiros e compañeiras que teñan boas puntuacións nas habilidades nas que ti teñas unha menor puntuación.
  • O obxectivo é lograr formar un equipo no que todas as habilidades estean completas ou o máis fortes posible.

3.Pictograma dunha persoa entregando unha esfera vermella a outra. Roles

  • Unha vez formado o equipo, presta atención aos roles.
  • No botón de abaixo aparecen os diferentes roles dentro do grupo.
  • Decide en grupo cal é o que mellor se adapta a cada integrante.

Roles

Portavocía

Pictograma de un megáfono.A persoa que cumpre o rol de portavoz:

  • Pregunta as dúbidas do equipo ao docente e comunícase co resto dos equipos.
  • Presenta aos demais os resultados das tarefas realizadas.
  • Responde as preguntas do/da docente.

Secretaría

Caderno de tapa vermella e argolas.A persoa que cumpre o rol da secretaría:

  • Lembra as tarefas pendentes e os compromisos grupais e individuais.
  • Comproba que todas as persoas do equipo anoten a tarefa e que a realicen.
  • Anota o traballo realizado nos documentos do equipo.

Coordinación

Mapa de fondo verde con caminos marcados. A persoa que cumpre o rol da coordinación:

  • Organiza as tarefas que se deben realizar.
  • Comproba que cada persoa fai a súa parte.
  • Anima o equipo a seguir avanzando.
  • Dirixe a reflexión realizada ao final de cada tarefa.

Moderación

Pictograma dunha lupa con mango de madeira.A persoa que cumpre o rol de moderador/a:

  • Supervisa o nivel de ruído e as quendas de palabra.
  • Controla o tempo de traballo.
  • Encárgase do material, de distribuílo e de recollelo.

Diagrama de tea de araña

https://www.geogebra.org/m/qxekqkpg (Nova xanela)

Proxecto%20cREAgal,https%3A//www.geogebra.org/m/qxekqkpg,Copia%20de%20GG_MAT2ESO_REA04_Radar_eval%FAa_el_reto,0,Autor%EDa
Actividade%20non%20completada,Actividade%20superada.%20Puntuaci%F3n%3A%20%25s,Actividade%20non%20superada.%20Puntuaci%F3n%3A%20%25s,Gardar%20a%20puntuaci%F3n

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Agora que xa sabes cal é o desafío é hora de poñerse ....!

Antes de nada, debemos pararnos a refrescar os nosos coñecementos previos.

Lembra que estes coñecementos serán de grande axuda durante o proceso, tanto a nivel individual como colectivo.

É o momento de ir ao teu diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o traballo realizado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)