Unha máquina que fala!

Se lle preguntas ás persoas maiores da túa contorna, antigamente escoitaban a música en vivo ou a través da radio.
A finais do século XIX naceron os primeiros sistemas para gravar son e transmitilo sen fíos.
Nos anos 70 creouse o primeiro reprodutor portátil para poder viaxar escoitando música.
Toda esa tecnoloxía evolucionou ata converterse nas aplicacións que levas hoxe no peto.
Observa agora os diferentes dispositivos para ver como cambiaron co paso do tempo.
Fonógrafo

A invención do fonógrafo, no 1877, atribúese a Thomas Edison.
As ondas sonoras facían vibrar unha agulla, que tallaba sucos nun cilindro recuberto de estaño ou cera.
Gramófono

Inventado por Emile Berliner no 1887, substituíu o cilindro por discos planos.
Converteuse no estándar da industria musical.
Magnetófono

A primeira versión funcional importante apareceu no 1935, presentada pola empresa AEG na Feira de Radio de Berlín.
Utilizaba cinta magnética recuberta de óxido de ferro.
O son convertíase en sinal eléctrica producindo variacións magnéticas sobre a cinta.
Tocadiscos

Reproduce discos de vinilo.
Usa cápsula e agulla con amplificación eléctrica.
O vinilo LP (1948) permitiu reproducir ata 25 min por cara, todo un récord naquelas datas.
Reprodutor de casete

Introducido por Philips no 1963.
Formato compacto e portátil.
A música estaba gravada nun casete, unha carcasa de plástico cunha cinta magnética dentro.
Walkman

Apareceu no mercado no 1979.
Revolucionou a maneira de escoitar a música: individual e móbil.
Compact disc
En 1982 Sony e Philips decidiron crear conxuntamente o CD.
Esta invención marcou o paso decisivo ao audio dixital.
iPod

No 2001 Steve Jobs presentou un reprodutor de música dixital portátil que permitía levar mil cancións no peto.
Popularizou a música dixital e o formato MP3.
Cambiou a industria musical e sentou as bases para servizos como iTunes e Spotify.


Aclara as ideas
Elabora o guión
O toque final