A reunión sucedida en Hoe Avenue foi clave para lograr a paz entre as bandas do Bronx.
O Bronx
O Bronx
O Bronx é un dos 5 distritos que forman a cidade de Nova York e é o único que se atopa en terra firme. Foi moi relevante na década de 1970 por ser o lugar de orixe do hip-hop.
Exemplo:
O Bronx ten unha grande diversidade cultural.
Boom-Bap
Unha cultura
Hoxe ao saír do colexio vas á casa dun compañeiro para facer un traballo.
Convídante a merendar e despois comezades a traballar.
Hai algo que te distrae, un ritmo moi marcado, un "BOOM-BAP" constante.
O teu compañeiro comenta:
- Desculpa, é meu irmán escoitando hip-hop. Encántanlle as letras e bailar cos ritmos.
Ti ficas sorprendido, é unha música interesante con letras que conectan contigo.
Pero, como se orixinou esta música?
Ou mellor dito, como naceu esta cultura?
Orixes
O hip-hop xurdiu na década de 1970 no barrio do Bronx, en Nova York, dentro de comunidades afroamericanas e latinas.
A súa orixe está relacionada coas block parties, festas que tiñan lugar nas rúas onde a xente nova se reunía para escoitar música e bailar.
Os DJ, abreviatura de disc jockey, creaban bases musicais cos tocadiscos e os MC, master of ceremony, improvisaran rimas.
Algunhas das primeiras fontes de inspiración para os MCs foron o locutor de radio Jocko Henderson que improvisaba rimas mentres poñía música e canción Here Comes The Judge de Pigmeat Markham.
Como era unha música marxinal, as primeiras gravacións de rap vendíanse na rúa, nos maleteiros dos coches.
Deste xeito DJs e MCs facíanse coñecidos nos barrios.
A moda tamén foi un elemento tan importante que ata o grupo RUN DMC fixo un tema dedicado ás súas zapatillas.
Outros como Kris Kross decidiron poñer os pantalóns ao revés!
Breakdance
O breakdance naceu xunto ao hip-hop.
As persoas que bailan breakdance son denominados b-boys ou b-girls e improvisan as súas coreografías.
Neste baile existen diferentes tipos de pasos.
Os toprock realízanse de pé e serven para iniciar a coreografía.
Os footwork ou downrock, son acrobáticos e realízanse no chan.
Graffiti
O graffiti aparece nos anos 60 ligado ao hip-hop cos tags, unha práctica na que escribían o seus nomes e o número da súa rúa.
A partir dese momento a técnica foi perfeccionándose e apareceron diferentes estilos, especialmente a partir da publicación dun artigo sobre o graffiteiro Taki 183 que motivou a outras persoas.
Na década dos 70 o graffiti foi empregado como competición entre bandas.
A partir dos anos 90 empezou a popularizarse esta práctica polo resto do mundo.
Pioneiras
Nos inicios do hip-hop tamén houbo artistas como Queen Latifah ou Monie Love que demostraron que esta era unha cultura para todas as persoas.
O seu tema Ladies First é unha mostra, con frases como "os estereotipos deben fuxir, son un desastre pero cambio a escena" ou "como nai, como filla, desexo que me leves ao ritmo".
En Galicia tamén temos unha forte escena de hip-hop encabezada por mulleres cunha ampla traxectoria como Wöyza.
En España...
A chegada do hip-hop a España tivo lugar na década dos 80 de dúas formas diferentes.
Por unha banda, os soldados estadounidenses destinados en Rota, Torrejón de Ardoz e Morón de la Frontera trouxeron consigo cintas de casete e discos de rap, así como os diferentes bailes.
Por outra banda, películas como Beat Street ou Breakin' achegaron esta cultura a xente nova.
Lectura facilitada
Unha cultura
Facendo un traballo na casa dun amigo, un ritmo constante (BOOM-BAP) e potente desvía a túa atención.
Alguén escoita música no cuarto do lado.
É o hip-hop, unha cultura que atrapa tanto polo seu ritmo como pola mensaxe das súas letras.
Como naceu este movemento que conecta música, baile e sociedade?
Orixes
O movemento naceu en Nova York dentro das comunidades afroamericanas e latinas.
Block parties: festas na rúa onde a xuventude se reunía para bailar.
Os protagonistas:
DJ (Disc Jockey): crea as bases musicais cos tocadiscos.
MC (Master of Ceremony): improvisa as rimas sobre a música. Unha das pezas que os inspirou foi Here Comes The Judge.
Curiosidades:
As gravacións eran marxinais, vendíanse nos maleteiros dos coches.
Moda: elemento clave (RUN DMC e as súas zapatillas ou Kris Kross cos pantalóns ao revés).
Breakdance
O baile improvisado dos b-boys e b-girls.
Diferéncianse dous tipos de pasos:
Toprock: pasos de pé para iniciar a coreografía e marcar o ritmo.
Footwork / Downrock: movementos acrobáticos que se realizan directamente no chan.
Graffiti
Naceu nos anos 60 ligado aos tags (asinar co nome e o número da rúa).
Evolución: pasou de ser unha competición entre bandas nos 70 a unha arte mundial dende os 90.
Referente: Taki 183 foi o graffiteiro que inspirou a toda unha xeración tras saír na prensa.
As mulleres primeiro!
A cultura hip-hop é para todas as persoas, con figuras femininas fundamentais dende o inicio.
Pioneiras: Queen Latifah e Monie Love romperon estereotipos co himno "Ladies First".
Escena galega: destaca a ampla traxectoria de Wöyza.
A chegada a España
O hip-hop aterrou nos anos 80 por dúas vías principais:
Bases militares: soldados dos EUA en Rota, Torrejón ou Morón trouxeron os primeiros casetes e discos.
Cine: Películas como "Beat Street" ou "Breakin'" espallaron o baile e a estética entre a xuventude española.
Audio
Apoio visual
Unha cultura
O hip-hop é un movemento cultural que atrapa tanto polo seu potente ritmo constante (BOOM-BAP) como pola mensaxe social das súas letras.
Orixes
Nado en Nova York coas block parties. Os seus piares son o DJ, que crea as bases, e o MC, que improvisa as rimas coa súa propia estética e moda.
Breakdance
Baile improvisado de b-boys e b-girls. Divídese en dous estilos básicos: pasos de pé (toprock) e as acrobacias directamente no chan (footwork).
Graffiti
Orixinado nos anos 60 cos tags. Evolucionou dunha competición de bandas nos 70 ata converterse nunha recoñecida arte visual a nivel mundial.
As mulleres primeiro!
Figuras femininas esenciais dende o inicio como Queen Latifah. Na nosa terra, cómpre suliñar a consolidada traxectoria da artista galega Wöyza.
A chegada a España
O movemento adiante nos 80 grazas á música que traían os soldados norteamericanos ás bases militares e á estrea de películas sobre danza urbana.
Cambiade a loita pola danza
A inicios da década dos 70 o Bronx era un lugar perigoso para a xente nova.
Moitos pertencían a bandas que acababan enfrontándose entre elas provocando unha situación de inseguridade.
No ano 1971 un membro do grupo musical Ghetto Brothers foi asasinado e isto deu lugar á celebración dunha reunión en Hoe Avenue onde varias bandas rivais pactaron unha tregua.
Tras esta reunión fundouse a Universal Zulu Nation, que organizaba batallas de breakdance, competicións de DJ e jams como novos espazos onde obter prestixio coa arte en lugar da violencia.
Este acto freou a violencia no Bronx e é unha mostra de como a música e a arte poden axudar a que o mundo sexa un lugar mellor.
Lectura facilitada
A principios dos anos 70, o barrio do Bronx era un lugar perigoso para moitos mozos e mozas.
Había bandas que se enfrontaban entre elas e isto causaba violencia.
En 1971, un membro do grupo Ghetto Brothers foi asasinado.
Despois deste feito, varias bandas reuníronse e acordaron deixar de pelexar.
Máis tarde creouse a Universal Zulu Nation.
Esta organización promovía actividades como o breakdance, as competicións de DJ e a música.
Así, a xente nova podía gañar respecto a través da arte e non da violencia.
Este cambio axudou a reducir a violencia no Bronx.
É un exemplo de como a música e a arte poden mellorar a sociedade.
Audio
Unha cera de cores cambiou a música
Na procura do breakdown
O hip-hop é un dos estilos máis populares.
O seu ritmo, a súa estética e as súas letras conectan con xente de todas as idades.
Pero este estilo non sería o mesmo de non ser por unha cera de cores, como é posible?
As orixes deste estilo son humildes.
A xente sen recursos para ir ás festas disco comezou a organizar alternativas no seu barrio.
Para que a xente bailase, as persoas que poñían a música, chamadas DJ, escollían as partes das cancións onde o ritmo e batería estaban máis marcados, os breakdown.
Era preciso empregar 2 vinilos: mentres un soaba, daban voltas ao outro en busca do breakdown. Isto era un labor complexo e era preciso estar moi pendente.
O segredo de DJ Grandmaster Flash
DJ Grandmasterflash era capaz de prolongar os breakdowns sen equivocarse, e facer que a xente bailase toda a noite, mesmo el se movía dando voltas arredor dos pratos.
O seu segredo: unha cera de cores coa que marcaba a parte do vinilo onde iniciaba e remataba o breakdown.
Como podes ver, os inicios do hip-hop estiveron marcados dende un inicio polas ganas de partillar música e o enxeño das persoas que o crearon.
Lectura facilitada
Na procura do breakdown
O hip-hop naceu da humildade e do enxeño.
A xente non tiña recursos para ir ás discotecas así que crearon as súas propias festas no barrio.
O obxectivo: que a xente non parase de bailar.
Os DJs buscaban o breakdown, a parte da canción onde a batería e o ritmo son máis potentes.
Había que usar 2 vinilos á vez. Mentres un soaba, o DJ buscaba a man o punto exacto no outro disco. Era unha tarefa complexa que esixía precisión total.
O segredo de DJ Grandmaster Flash
DJ Grandmasterflash revolucionou as festas porque era capaz de prolongar eses ritmos toda a noite sen equivocarse nunca.
A técnica: movíase con enerxía arredor dos pratos mentres mantiña o ritmo infinito.
O segredo: unha simple cera de cores.
O truco: marcaba directamente sobre o vinilo onde empezaba e onde remataba o breakdown. Así, grazas a esas marcas visuais, sabía exactamente onde colocar a agulla.
Audio
O hip-hop na aula
Agora que coñeces as raíces desta cultura, toca pasar á acción.
É o momento de ser ti protagonista destes ritmos.
Escolle unha das seguintes actividades para realizar.
Podes elixir a que máis se adapte a ti.
Audio
Opción A: Soando no beat
O beat é a base instrumental sobre a que se constrúe o rap.
Agora, ti vas formar parte dunha destas creacións: escoita a seguinte base e interpreta a melodía proposta.
Podes utilizar un xilófono, un carillón ou un metalófono.