Música de alto voltaxe
Sobes ao autobús e a condutora saúdate con moito agarimo.
- Veña sube que agora che poño algo animado na radio!
Sentas e comeza a soar.
It´s the final countdown! seguido dunha melodía moi pegadiza.
Pero que instrumento a interpreta? Semella unha trompeta, non?
En realidade trátase dun sintetizador, un instrumento que pertence a familia dos electrófonos.
A maxia da corrente

Os electrófonos son todos aqueles instrumentos que precisan da electricidade para poder crear, ampliar ou transformar o seu son.
Sen enerxía, a súa música simplemente non existiría.
Dentro desta familia, os grandes protagonistas son os sintetizadores.
A súa función é utilizar sinais eléctricas para modular o son.
Con isto, poden deseñar timbres novos ou imitar con precisión a outros instrumentos acústicos como o piano, o violín ou incluso o instrumentos de vento.
Iconas do rock

A guitarra e o baixo eléctrico son moito máis que simples instrumentos electrificados, son os símbolos da música popular moderna.
Dende a súa aparición, convertéronse en auténticas iconas: en moitos casos, a propia guitarra é tan famosa como a persoa que a toca.
Quen non recoñece o icónico baixo Hofner con forma de violín de Paul McCartney ou a guitarra Fender Stratocaster que queimou Jimmy Hendrix.
Aínda que teñen cordas, o seu segredo é eléctrico.
A vibración das cordas non soa por si soa, senón que é recollida por uns captores chamados pastillas.
Estas pezas máxicas converten a vibración nun sinal eléctrico que viaxa por un cable ata un amplificador, que é o encargado de facer que o son ruxa con forza.
Lectura facilitada
Sobes ao autobús e a condutora saúdate con moito agarimo.
Sentas e comeza a soar.
"It´s the final countdown!" seguido dunha melodía moi pegadiza.
Pero que instrumento a interpreta? Semella unha trompeta, non?
En realidade trátase dun sintetizador, un instrumento que pertence a familia dos electrófonos.
A maxia da corrente

Os electrófonos son instrumentos que necesitan electricidade para funcionar.
Sen electricidade, non poden producir ou amplificar o son.
Un dos instrumentos máis importantes desta familia é o sintetizador.
O sintetizador pode crear sons novos ou imitar outros instrumentos, como o piano ou o violín.
Iconas do rock

A guitarra eléctrica e o baixo eléctrico son moi famosos na música moderna.
Teñen cordas, pero o seu son depende da electricidade.
As cordas vibran e unhas pezas chamadas pastillas recollen esa vibración.
Despois, o sinal eléctrico viaxa por un cable ata un amplificador.
O amplificador fai que o son se escoite moito máis forte.
Por iso, a guitarra eléctrica e o baixo convertéronse en símbolos do rock e da música popular.



A música sempre está presente no teu día a día.
1. As preguntas axeitadas
2. Variedade de experiencias
3. Elaborando o guión
4. Botando raíces musicais.jpg)