Glosario
Alborada
-
Alborada:
-
Música de marcha que se toca, principalmente, de mañá cedo e desfilando.
-
Exemplo:
-
Un grupo de gaitas que desfila pola vila tocando cedo no día da festa.
Alborada:
Música de marcha que se toca, principalmente, de mañá cedo e desfilando.
Exemplo:
Un grupo de gaitas que desfila pola vila tocando cedo no día da festa.

Cando saes ao recreo ves que na porta do insti hai un cartel anunciando as festas da túa vila.
Xa sabes o que vas facer esta fin de semana:
O máis importante que debes saber é que nada disto sae da nada.
Toda esa música créana veciños e veciñas teus que se xuntan en diferentes formacións e son os que constrúen a banda sonora de seu que identifica á túa comunidade.

Un grupo de gaitas parte sempre dunha esencia fundamental: a combinación de gaita, pandeireta, tamboril e bombo.
Esta é a formación base, pero a partir de aí, ti pos o límite.
Podes ampliar a formación engadindo cantos instrumentos queiras para darlle máis potencia e cor á túa agrupación.

A diferenza dunha orquestra sinfónica, a banda prescinde da familia de corda.
Aínda que, en ocasións, poidas ver algún contrabaixo ou violonchelo para dar profundidade.
O seu auténtico motor son os instrumentos de vento e percusión.
Son elas as que enchen de vida as festas da túa vila, os desfiles ou as procesións.
O seu son é potente e vibrante, deseñado para que a música chegue a cada recuncho da rúa e faga vibrar a quen a escoita ao aire libre.
_(1).jpg)
As pandereteiras ou cantareiras son unha agrupación musical propia da música tradicional galega.
A súa forza reside na voz e no uso da pandeireta como motor rítmico principal.
Esta música non naceu nun escenario, senón na calor das reunións veciñais.
Cando as familias remataban os traballos comunitarios, xuntábanse para compartir comida e descanso.
Nese tempo de lecer, os cantos e o ritmo das pandeiretas eran o xeito de celebrar a vida e a axuda mutua entre veciños.

Imaxina a máis de 80 músicos traballando xuntos con precisión matemática.
É a formación máis grande que existe e funciona como unha engrenaxe perfecta dividida en catro familias: corda, vento-madeira, vento-metal e percusión.
Como xa viches a escoitas sen saber nas bandas sonoras de moitas películas.
Se che gustan os sons épicos que che poñen a pel de galiña, o que estás a gozar realmente é o poder dunha grande orquestra.

É a agrupación moderna por excelencia.
A súa esencia reside na potencia dos instrumentos eléctricos, como a guitarra e o baixo, apoiados sempre pola forza rítmica dunha batería.
Calquera banda que sigas que utilice instrumentos reais, non só dixitais, nace desta estrutura.
É a formación que mellor conecta coa túa propia enerxía e coa busca dun estilo que te identifique.
Se algunha vez soñaches con subir a un escenario para facer ruxir un amplificador, o teu lugar está aquí.
Cando saes ao recreo ves que na porta do insti hai un cartel anunciando as festas da túa vila.
Xa sabes o que vas facer esta fin de semana:
O máis importante que debes saber é que nada disto sae da nada.
Toda esa música créana veciños e veciñas teus que se xuntan en diferentes formacións.
Combinación tradicional de gaita, pandeireta, tamboril e bombo.
Prescinde da corda. O seu motor son os instrumentos de vento e percusión.
Agrupación tradicional galega baseada na voz e na pandeireta.
Máis de 80 músicos divididos en catro familias: corda, vento-madeira, vento-metal e percusión.
Agrupación moderna baseada na potencia de instrumentos eléctricos como a guitarra e o baixo, apoiados sempre pola forza rítmica da batería.
Escolle as respostas correctas e preme o botón Comprobar.
Identifica cada agrupación.
Para o gran reto final do teu pódcast ou programa de radio, un dos temas será a vida musical da túa vila.
Pero, para falar con propiedade, primeiro cómpre investigar sobre a túa contorna.
O teu obxectivo agora é saír á rúa e descubrir que agrupacións musicais son as encargadas de darlle ritmo á túa vila.
Quen son os que fan vibrar as festas? Onde se agochan para crear a súa música?
Para despois contalo, debes coñecer os seguintes datos: nome, número de membros, lugar de ensaio, instrumentos e historia.
Cantas máis descubras máis poderás contar.
Podes descargar a ficha de traballo para completar a información sobre as agrupacións.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0