Cachiños de vida
Anaco de vida...

Un programa de radio ou un pódcast é moito máis que fragmentos de voces, publicidade e música intercalados.
Realmente, é un anaco da túa vida cando vas no bus para o instituto, no coche dun familiar de camiño á actividade extraescolar, á competición da fin de semana ou o son de fondo da casa dalgún familiar.
Hai moitos tipos de programas de radio, igual que moitos tipos de pódcast. Algúns buscan informar, outros entreter e divertir ou mesmo ensinar habilidades ou divulgar sobre temas específicos.
Sexa cal sexa o seu propósito, todos teñen unha estrutura definida para o formato elixido.
E non te confundas, aqueles de formato de conversación, por moi distendido e improvisado que pareza, levan un proceso de elaboración que fai que todo encaixe no momento preciso, dando esa impresión de fluidez que tanto adoita gustar.
Tipos de programas
Cando afundes no mundo do audio, tes que decidir que queres transmitir e como o vas facer.
Segundo o teu obxectivo, o teu programa pode ser:
- Informativo: se o que queres é contar a actualidade ou dar noticias.
- Ti es o que pon ao día os demais sobre o que pasa no mundo ou no teu centro.
- De entretemento: se o teu obxectivo é que quen te escoita pase un bo intre.
- Aquí podes incluír humor, curiosidades ou ficción.
- Educativo ou de divulgación: se buscas ensinar unha habilidade ou explicar a fondo un tema que dominas (ciencia, historia, tecnoloxía...).
- Ti es o experto ou a experta que comparte o seu saber.
Lectura facilitada
Anaco de vida...

Un programa de radio ou un pódcast é máis que voces e música. É un anaco de vida.
Moitas veces acompáñanos no día a día: no autobús, no coche ou na casa.
Hai moitos tipos de programas e pódcasts.
Uns informan, outros entretén e outros ensinan cousas novas.
Todos teñen unha organización e unha estrutura para que o programa funcione ben.
Tipos de programas
Antes de crear un programa de radio ou un pódcast, tes que pensar que queres contar e como o vas facer.
Segundo o teu obxectivo, o programa pode ser:
- Informativo: para contar noticias ou explicar o que está pasando.
- De entretemento: para divertir ás persoas que escoitan.
- Educativo ou divulgativo: para ensinar algo ou explicar un tema que coñeces ben.
Cada tipo de programa ten unha función diferente, pero todos buscan comunicar algo ás persoas que os escoitan.
A realización dun programa de radio ou pódcast ten curiosidades que non se descobren nunha primeira escoita.
Sintonía
Presentación
Corpo
Seccións
Peche
Seguramente nos traxectos en coche e autobús tes escoitado moitos cachiños de programas de radio ou pódcast, pero... algunha vez escoitaches un programa enteiro?