"Taba naba"
Chegas ás illas do Estreito de Torres, entre Australia e Papúa Nova Guinea. Alí descobres Taba naba, canción que describe con enerxía o momento de ir en bote cara ao arrecife cando a marea está baixa, unha actividade ligada á vida diaria e á pesca nestas comunidades.
Taba naba transmitiuse de forma oral, cantada en Meriam Mir. Algúns estudos e testemuños comunitarios sinalan a Jeffrey Doolah, mestre e músico indíxena, como unha figura importante na organización e difusión dunha versión estable da canción, especialmente para o seu uso educativo, mantendo o seu significado tradicional. Pero anteriormente a melodía fora empregada nunha parte do tema Navajo, gravado en 1904 polo cantante estadounidense Billy Murray. A canción chegou ao público internacional no ano 2000, grazas ao grupo infantil australiano The Wiggles que a interpretou xunto á cantante do Estreito de Torres Christine Anu, respectando a súa orixe cultural.
Quecemento
Vas comezar quencendo o corpo realizando un ritmo que servirá como base para modernizar as músicas do mundo en compases binarios, pero que ademais serve para a música popular comercial, como os xéneros do pop e do rock.
Lembra que escribimos a percusión corporal para unha soa persoa executante en tres liñas e os seus espazos:

Comeza aprendendo o patrón, primeiro sitúa os golpes no peito nos pulsos 1 e 3.
Despois engade as palmadas nos pulsos 2 e 4.
E para finalizar entre cada un deles, é dicir no contratempo de cada pulso, realiza pitos cos dedos.
Unha vez que teñas isto interiorizado no segundo compás realizaredes 3 golpes no chan cos pés nos pulsos 1, 2 e 3:
.png)
- E se queres, para repasar o primeiro patrón visualiza o seguinte vídeo.
-
Canta en grupo
Agora escoita esta versión que che servirá de axuda para aprender a melodía:
- Aquí tes a letra:
-
Taba naba naba norem,
Tugi penai siri, dinghy e naba we,
Miko keimi sere re naba we,
Taba naba norem.
Veña, imos ao arrecife,Sube ao bote cando a marea da mañá está baixa,
Rememos ata a beira do arrecife,
Veña, imos ao arrecife.
Unha vez que teñamos a melodía, realizamos a percusión corporal aprendida no quecemento:
Podedes usar de base o seguinte vídeo coa melodía da voz e do piano:
Interpreta
Agora practica parte por parte o seguinte arranxo instrumental:
Accede ao contido de apoio visual para escoitar o arranxo completo, sumándolle ao que acabas de aprender o piano e maila voz:
Proposta de coreografía
Revisa e aprende a seguinte proposta coreográfica:
Coreografía e estrutura
Agora tócache realizar en grupo unha coreografía para Taba naba e ademais debes idear unha estrutura:
- Parte 1:
-
Ides organizarvos en pequenos grupos.Cada grupo terá que inventar unha coreografía para a peza.
Primeiro, analiza a estrutura da obra.
Escoita a canción e conta cantos pulsos ten cada parte. Fíxate tamén nos cambios da música.
- Parte 2:
-
Coa estrutura clara, comeza a pensar movementos que representen a letra da canción ou da súa temática.Realiza unha choiva de ideas para ser máis creativos, cada un é libre de expresar as súas suxestións de movementos.
- Parte 3:
-
Cos movementos investigados e recompilados, decide en grupo cales ides empregar.
Anota os movementos escollidos para cada parte da canción.
Acorda como se realizarán os movementos en grupo.
- Parte 4:
-
Ensaiarás en grupo a coreografía completa seguindo a estrutura decidida.
Comproba que os movementos encaixan coa música.
Se é necesario, realiza pequenos cambios para mellorar o resultado final.
Lembra:
Analiza a estrutura da canción antes de crear a coreografía.
Emprega movementos sinxelos e fáciles de lembrar representando a temática da canción.
Traballa en grupo e respecta as ideas do resto de persoas.
Lectura facilitada
Taba Naba é unha canción tradicional das Illas do Estreito de Torres.
As illas están entre Australia e Papúa Nova Guinea.
A canción fala de ir en bote ao arrecife para pescar.
Isto ocorre cando a marea está baixa.
A canción cantouse durante moito tempo de memoria.
Está cantada na lingua Meriam Mir.
Un mestre indíxena chamado Jeffrey Doolah axudou a ensinarlle a canción ás escolas.
Non cambiou o seu significado tradicional.
A melodía xa existía antes.
Aparece nunha canción de 1904 cantada por Billy Murray.
No ano 2000, a canción fíxose coñecida grazas a The Wiggles.
Audio
Apoio visual
Tes dúas opcións para escoitar e seguir a partitura de forma interactiva: a ligazón en Musescore (abre nunha nova xanela) ou o reprodutor inserido a continuación.

