Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural
"Siyahamba"
Glosario
Afrikaans
Definición:
O afrikaans é unha lingua falada principalmente en Suráfrica e Namibia. Deriva do neerlandés e desenvolveuse ao longo do tempo coa influencia doutras linguas.
Exemplo:
Siyahamba non está escrita en afrikaans. Está escrita en zulú.
Zulú
Definición:
O zulú é unha lingua falada principalmente en Suráfrica. É unha das linguas oficiais do país e forma parte da cultura do pobo zulú.
Exemplo:
A canción Siyahamba está escrita en zulú, unha lingua de Suráfrica.
"Siyahamba"
No inicio da viaxe atópaste cun grupo de persoas que camiñan xuntas, paso a paso, cantando para darse ánimo no camiño. A súa voz non serve só para acompañar os pés, senón tamén para unir corazóns, compartir esperanza e lembrar que avanzar é máis doado cando non se fai en soidade.
Siyahamba é unha canción cristiá surafricana en lingua zulú.
O seu título significa camiñamos e a letra orixinal da canción estaba en afrikaans. A canción probablemente foi composta sobre o ano 1950.
Quecemento
Vas comezar de pé, seguindo esta proposta de quecemento
E se queres, para ampliar, deixamos esta proposta que nos sinala Basilio Astúlez
Eco
Escoita, frase a frase, a canción, e repítea en eco.
Canta en grupo
Proposta a unha voz
Revisa esta proposta e intenta propoñer pasos coreográficos para unha nova versión propia.
Ritmo e acompañamento
A aula divídese en catro grupos, cada grupo vai ir a unha esquina da clase. En cada esquina hai un grupo de instrumentos e unha partitura para interpretar con eles.
Tes que repetir o ostinato rítmico ata interiorizalo ben.
BongósDjembéClavesMaracas
Traballa compás por compás, logo serás quen de facer dous compases seguidos e, finalmente, realizarás os catro compases do ostinato ata que podas repetilos en bucle.
Como axuda, aquí tes os audios dos ostinati que tes que tocar:
BongósDjembé
ClavesMaracas
Finalmente os catro grupos tocarán todo á vez:
Lectura facilitada
Ao inicio da viaxe ves un grupo de persoas. Camiñan xuntas e cantan para darse ánimo. Cantar axúdaas a avanzar e a sentirse unidas.
Siyahamba é unha canción cristiá de Sudáfrica, en lingua zulú. Significa camiñamos. A canción foi composta arredor do ano 1950.
A harmonía é a combinación de notas que soan simultaneamente.
Normalmente producen acordes.
Os acordes están conformados polo menos por tres notas. Estes acordes poden soar á vez ou despregando as notas unha detrás da outra, facendo distintas combinacións entre elas.
Os acordes que acompañan Siyahamba son os seguintes:
Con estes acordes podes acompañar a canción que acabades de aprender. Os acordes non aparecen nunha orde aleatoria, sucédense en momentos concretos, cos que se crea a sensación de tensión e distensión propia da música tonal.
A clase completa realizará un corro grande e, no centro, haberá uns poucos instrumentos de altura determinada (xilófonos, metalófonos e carillóns).
Por quendas, algúns achegaranse aos instrumentos e tocarán as notas que queiran de cada acorde, cambiando de acorde cando corresponda, mentres o resto do alumnado canta Siyahamba.
Lectura facilitada
Harmonía
Combinación de notas que soan simultaneamente.
Normalmente producen acordes.
Os acordes están conformados polo menos por tres notas.
Os acordes poden soar á vez ou despregando as notas unha detrás da outra.
Os acordes que acompañan a canción Siyahamba son os seguintes:
POÑER ACORDES ESTILO NOVO
Estes acordes acompañan Siyahamba.
A orde na que aparecen os acordes é moi importante.
Con estes acordes xeraremos sensación de tensión e distensión.
A secuencia dos acordes é a que segue:
SECUENCIA DE ACORDES DE SIYAHAMBA
No centro da aula hai unha serie de instrumentos en corro
Por quendas, achegarédevos a tocar as notas que queirades de cada acorde, pero cambiando de acorde cando corresponda.
O resto do alumnado cantará Siyahamba.
Audio
Cadencia
Unha cadencia é unha sucesión de acordes e/ou notas que crea sensación de pausa, repouso ou resolución ao final dunha frase musical. Podes entendela como o “punto” ao final dunha frase verbal.
Hai cadencias máis conclusivas (para finais importantes) e outras máis suspensivas, que deixan a música “no aire”.
Lectura facilitada
Definición
Sucesión de acordes e/ou notas que crea sensación de repouso ao final dunha frase.
Enténdese como o “punto” ao final dunha frase verbal.
Cadencia auténtica perfecta
Propoñede a vosa versión
Realizade a vosa propia versión: 20 minutos Agrupamento: 4-5 persoas
Traballa en grupo para facer a túa propia proposta de arranxo da canción.
Colle, polo menos, un instrumento de altura determinada e dous instrumentos de altura non determinada. Propón un acompañamento harmónico e rítmico paraSiyahamba.
Por último, pensa nuns movementos coreográficos que axuden a interpretar a canción.
Audio
Repasa harmonía!
Ponte a proba e demostra o que sabes, realiza algunha das seguintes opcións:
Opción A: Actividade de encher ocos
Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.