Saltar navegación

"Samba Lelê"

 

Glosario

Alfabeto musical en inglés

Pictograma de Arasaac: Clase de música

Definición:

Sistema que nomea as notas musicais coas letras A, B, C, D, E, F e G.
A = La, B = Si, C = Do, D = Re, E = Mi, F = Fa, G = Sol.

Exemplo:

A canción empeza con Do Re Mi Do, para o meu amigo inglés con C D E C.

"Samba Lelê"

Mapa de BrasilA viaxe musical lévate agora a Brasil para escoitar ritmos e músicas que convidan ao movemento e á participación en grupo, como acontece con Samba Lelê unha canción folclórica.

A súa letra está en lingua portuguesa e pertence ao repertorio infantil do Brasil.

Dise que a melodía naceu na rexión de Baía e está relacionada coa samba de roda, un estilo musical con raíces africanas, mais como na maior parte da tradición oral isto non o podemos verificar ao 100%. O que si é certo é que a canción comezou a difundirse a mediados do século XX e hoxe é moi coñecida en escolas e agrupacións musicais de todo o mundo.

Quecemento

Hoxe vas comezar quencendo o teu corpo, tocando un pouco de percusión corporal.

Antes de nada debes relacionar visualmente o que tocamos coa escrita. Neste caso non se usa un pentagrama, senón un trigrama, que ilustra cara abaixo a arriba as diferentes partes do corpo: pés, coxas, peito, palmas e pitos:

Partitura lenda percusión corporal

Comeza traballando o primeiro patrón, o da parte A:

Partitura de percusión corporal da parte A

Observa as relacións da percusión corporal cos movementos melódicos.

Fas agora o patrón da parte B?:

Partitura de percusión corporal da parte B

Outra parte máis, sempre imitando:

Partitura de percusión corporal da parte C

E imos coa derradeira, a D:

Partitura de percusión corporal da parte D

Para ampliar con máis ritmos, podes practicar con este vídeo de Miller Rivera (Youtube permite baixar a velocidade)

Canta en grupo

Agora escoita esta versión e canta a melodía das estrofas e dos retrousos (A e B).

 

Partitura de voz de Samba Lelê

Na parte A (estrofa) e B (retrouso) podes usar os seguintes versos:

Samba Lelê tá doente
Tá com a cabeça quebrada
Samba Lelê precisava
É de umas boas lambadas

(Retrouso) Samba, samba, samba, oh lelê
Samba, samba, samba, oh lalá
Samba, samba, samba, oh lelê
Pisa na barra da saia

Olhe morena bonita
Como é que se namora
Põe um lencinho no bolso
E deixa a pontinha de fora

(Retrouso)

Olhe morena bonita
Como é que se cozinha
Põe a panela no fogo
E vai conversar com a vizinha

Outras estrofas:

Ó Morena bonita,
Como é que se namora?
Põe o lencinho no bolso
Deixa a pontinha de fora

Ó Morena bonita
Como é que se casa
Põe o véu na cabeça
Depois dá o fora de casa

Ó Morena bonita
Como é que cozinha
Bota a panela no fogo
Vai conversar com a vizinha

Ó Morena bonita
Onde é que você mora
Moro na Praia Formosa
Digo adeus e vou embora.

Accede ao contido de apoio visual  para escoitar a peza completa e revisar a partitura, canta tamén as partes C e D

Eco

Xa coñeces a peza completa, agora observa na liña superior cada patrón rítmico da percusión corporal que xa tocaches. Era para unha única persoa ou voz, agora cada parte do corpo vai ter a súa propia partitura. Practica todas dende a máis grave á máis aguda. Lembra que pinchando na imaxe da partitura obtés o PDFcompleto con todas as partes.

Partitura de percusión corporal completa

Proposta de coreografía

Revisa esta proposta e intenta propoñer pasos coreográficos novos para outra versión. Lembra que debe responder á forma musical.

Ritmo e acompañamento

Agora tócache a ti crear música co corpo.

Parte 1:

Persoa tocando percusión corporalCoa clase dividida en catro grupos, cada un deles sitúase en distintos puntos da aula.

Cada grupo ten que inventar un patrón de percusión corporal propio para acompañar a parte A de Samba lelê.

Primeiro, experimenta co teu grupo usando palmas, golpes nas coxas, no peito, pitos ou cos pés.

Compón un ritmo que encaixe coa canción, repíteo moitas veces ata que o teñas ben interiorizado e poidas mantelo sen pausa.

Parte 2:

Persoa que vai dun lugar a outroCando o teu grupo controle ben o patrón, unha parte deste grupo poderá desprazarse para aprender ritmos doutros grupos.
Os movementos de desprazamento serán en sentido horario. Polo menos a metade do grupo debe quedar sempre na súa esquina, mantendo o patrón activo.

As persoas que se moven visitan aos outros tres grupos para aprender os seus patróns de percusión corporal.
Durante ese tempo as persoas que quedan no grupo aseguran que o ritmo non pare, para que as que cheguen o imiten.

Á marca do director rótase a un novo grupo.

Cando remate o percorrido por todos os grupos, volverase ao voso grupo de orixe.

Parte 3:

Persoa que volta á casaAo regresar, serán os que acaban de chegar os que manteñan o patrón inicial do grupo, xa que agora tocará recibir novas visitas doutras compañeiras e compañeiros.
A continuación, serán as persoas que antes non se moveran, as que inicien o percorrido polos outros grupos.

Parte 4:

Cando toda a clase coñeza e poida manter os distintos patróns de percusión corporal de forma simultánea, unha parte do grupo manterá os ritmos creados mentres a outra parte canta Samba lelê no centro da aula.
Despois, intercambiaranse os papeis.

Persoa que recorda unha ideaLembra:

Sempre hai xente mantendo cada ritmo,
todas as persoas pasan polos distintos grupos,
os 4 compases que debedes compoñer non se deteñen en ningún momento.

Lectura facilitada

A viaxe musical chega a Brasil.
Alí escoitas músicas que convidan a moverte e participar en grupo.

Samba Lelê é unha canción folclórica de Brasil.
A letra está en lingua portuguesa.
Forma parte do repertorio infantil.

A canción é coñecida en escolas de todo o mundo.

Apoio visual

Tes dúas opcións para escoitar e seguir a partitura de forma interactiva: a ligazón á partitura en Musescore (abre nunha nova xanela) ou o reprodutor inserido a continuación.



Harmonía

Lembras que a harmonía é a combinación de notas que soan simultaneamente e que producen acordes?

Busca na partitura unhas letras en maiúsculas xusto ao comezo de cada compás, estas refírense a unha notación alfabética simplificada que indica as notas ou os acordes en inglés. Consulta o glosario para repasar o nome das alturas sonoras en inglés.

Cada acorde está formado cando menos por tres notas:

Partitura de piano de Samba lelê

Como ves, con só dous acordes podes acompañar a canción que acabades de aprender. Ademais a secuencia destes acordes é repetitiva e en espello. Mais aquí temos un acorde que xera tensión, un acorde de 7.ª

Saberías indicar, no acorde do compás 2, cal nota é a 7.ª do acorde? 

Detalle dun acorde de sétima de

Lectura facilitada

A harmonía é a unión de varias notas ao mesmo tempo.
Estas notas forman acordes.

Na partitura ves letras en maiúsculas ao inicio dos compases.
Estas letras indican os acordes en inglés.
Consulta o glosario para recordalos.

Con dous acordes podes acompañar a canción.
Un deles é un acorde de sétima, que crea tensión.

No compás 2, identifica cal é a sétima do acorde.

Propoñede a vosa versión

Realizade a vosa propia versión: 20 minutos Agrupamento: 4-5 persoas

Volvedes aos vosos grupos para facer vosa propia proposta de arranxo da canción.

Practicade os patróns rítmicos que acabades de aprender para cada unha das partes da peza (A,B,C,D). Tentádeo interpretar mentres cantades a melodía da canción enlazando as partes.

Por último, asentade os movementos coreográficos que escollestes e que tamén deben estar en relación coa forma musical.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)