Saltar navegación

"La Tarara"

 

Glosario

Rexoubar

Unha persoa detrás dun muro observando

Definición:

Rexoubar significa falar de alguén ou dunha cousa por non ter nada mellor que facer.

Exemplo:

Non está ben rexoubar dunha persoa, porque falar mal dela pode facerlle dano.

"La Tarara"

Mapa de EspañaA nosa viaxe musical por Europa lévate agora a España, onde coñecerás outra canción transmitida de xeración en xeración, e como tantas outras con orixe incerta. Sábese que La Tarara se cantaba en Castela a mediados do século XIX e que pode ter orixe Sefardí ou Árabe, xa que existen distintas versións ao longo do Mediterráneo, sendo cantada especialmente en países como Alxelia ou Marrocos. En España esta canción ensínase aos nenos e ás nenas, en moitos lugares do noso país cántase nos días de Pascua e hai versións en distintas linguas, como é a valenciana. Esta canción cobra protagonismo cando a populariza García Lorca, quen arranxa unha versión desta canción popular infantil e a grava nun disco en 1931. Orixinariamente era unha canción que se bailaba en corro.

Unha das interpretacións da letra é que trata sobre unha muller un tanto tola (tarara) que pasea polo campo mentres baila. Porén, hai moitas versións desta letra nas que se poden ver distintos costumes da zona da que procede a versión.  

Camiña polo espazo evitando círculos. Pouco a pouco vas ir escoitando o retrouso da canción.

Lectura facilitada

A túa viaxe musical lévate agora a España.
Aquí coñeces La Tarara, unha canción popular antiga.

A canción xa se cantaba no século XIX.
A súa orixe non está clara.
Existen versións en lugares do Mediterráneo, como Alxeria ou Marrocos.

En España é unha canción moi coñecida.
Cántase en Pascua.
Tamén existe noutras linguas, como o valenciano.

A canción fíxose popular grazas a García Lorca.
Gravou unha versión no ano 1931.
Orixinalmente bailábase en corro.

A letra fala dunha muller que lle chamaban a tarara.

Chámase tarara a unha persoa tola.

Camiña polo espazo

Camiña ao ritmo do pandeiro:

Ostinato rítmico para acompañar La Tarara

Podes practicar este ritmo básico:

Base rítmica para interpretar a canción

Canta

Agora únete coa túa voz.

Partitura de La Tarara de Retrouso

A miña casa ten varias habitacións...

A clase vai quedar dividida en 4 espazos. Cada espazo conterá unha melodía distinta que vai soar repetidamente, por este motivo cada melodía vai ser un ostinato melódico que se vai repetir insistentemente.

Es un dos habitantes dun espazo e tes que ser gardiáns deste espazo. Distribúete nos distintos espazo e permanece descubrindo que melodía ten cada un deles.

Espazo 1

O primeiro espazo ten un ostinato que xa coñeces, a melodía principal da canción:

Partitura da melodía principal do retrouso de La Tarara



Que soa así:

Espazo 2

O ostinato do segundo espazo é novo, presta moita atención porque hai que sabelo manter!!

Melodía da segunda voz do retrouso de La Tarara

Este ostinato melódico soa así:

Espazo 3

No terceiro espazo vas encontrarte con este ostinato:

Melodía da terceira voz do retrouso de La Tarara

Este ostinato melódico vai soar así:



Espazo 4

E por último, no cuarto espazo, vas atopar o último dos ostinatos:

Melodía da cuarta voz do retrouso de La Tarara

E este ostinato melódico soa desta forma:



Cando todo o grupo estea preparado, os habitantes de cada espazo ides cantar a vosa melodía pero segundo unhas regras.

  1. Primeiro faralo por quendas.
  2. Despois a persoa docente vai ir dirixindo quen interpreta a melodía, vas escoitar ao grupo facer varias voces á vez mentres ti fas a túa.
  3. Finalmente, vas ser capaz de interpretar as catro melodías

As melodías todas xuntas van soar dunha forma semellante a esta:

Xogo: descubre o resto de espazos

Unha vez que tes a melodía do espazo na que estás ben interiorizado, por quendas, vas poder "abandonar" o voso espazo, pero... neste xogo hai regras:

  1. As melodías de cada espazo teñen que soar seguido. Son ostinati melódicos que se teñen que manter.
  2. Para ser mantidas sempre, teremos que ensinar aos novos visitantes esa melodía ou ostinato melódico, polo que do noso espazo poden saír algúns dos habitantes, pero polo menos dúas persoas teñen que quedar no espazo para "garantir" que os novos visitantes aprenden o noso ostinato melódico.
  3. Mentres tanto, os que saíron a rexoubar por outros espazos da casa teñen a misión de aprender a melodía dese espazo novo ao que chegaron. Non se pode cambiar de espazo mentres non teñamos ben interiorizada a melodía nova. Cando saibades esta melodía nova, teremos que permanecer nese espazo, para que así os habitantes antigos poidan cambiar e aprender novas melodías.
  4. O final do xogo producirase cando todas as persoas teñan ido a todos s espazos e cantado todos os ostinati melódicos
  5. Se alguén abandona un espazo deixándoo baleiro ou sen preocuparse se os que quedan saiban o ostinato dese espazo perde. 

Aquí tes a partitura cos catro ostinati melódicos:

Retrouso coas catro voces de  La Tarara

Interpreta

Agora engade os instrumentos de percusión de altura determinada, están situados no medio da habitación, para que poidas acompañar melodicamente os ostinati anteriores.

Partitura completa voz máis instrumentos 1

Engade as coplas

É o momento de ampliar a canción. Ata agora só cantamos o retrouso, o que utilizamos para crear unha canción con distintos ostinati melódicos.

Agora, en eco, aprende as distintas frases das estrofas ou coplas desta canción.

Partitura  coas coplas de La Tarara

Retrouso:
La Tarara, sí;
la tarara, no;
la Tarara, niña,
que la he visto yo.

Estrofa 1:

Lleva la Tarara
un vestido verde
lleno de volantes
y de cascabeles.

Retrouso

Estrofa 2:

Luce mi Tarara
su cola de seda
sobre las retamas
y la hierbabuena.

Retrouso

Estrofa 3:

Ay, Tarara loca.
Mueve, la cintura
para los muchachos
de las aceitunas.

Retrouso

Propoñede a vosa versión

Realizade a vosa propia versión: 20 minutos Agrupamento: 4-5 persoas

Agora como compoñente dun dos grupos da aula vas propoñer unha coreografía que poida acompañar esta canción.

  1. O primeiro que tes que pensar é a disposición na que van estar os bailaríns: corro, filas, parellas, espallados polo espazo etc. 
  2. Se hai cambios de disposición como se van producir.
  3. Practica a versión do teu grupo.
  4. Unha vez que se presenten as versións de cada grupo, decidirás xunto resto da clase que coreografía ides bailar.
  5. Finalmente, con todos os elementos que tes traballado con La Tarara, decide en grupo cal vai ser a vosa propia versión da canción.
  6. Vas facela en grupo todos xuntos. Ensina a versión do teu grupo ao resto da aula.

Aprendede novas coplas

La Tarara ten multitude de coplas. Busca novas coplas que se poidan complementar coas que xa tes para enriquecer a proposta do grupo.

Pensa que lle pode gustar ás nenas e aos nenos que escoitarán o conto musical... ou incluso se lles podes ensinar algunhas destas coplas!

Partitura e partes instrumentais de "La Tarara"

Aquí tes a partitura xeral de La Tarara e as de cada unha das partes na versión a catro voces do retrouso como a partitura completa de voz máis instrumentos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)