Glosario
Maorí
-
Definición:
-
Lingua tradicional do pobo do mesmo nome que habita en Nova Zelandia no continente de Oceanía.
-
Exemplo:
-
A lingua maorí forma parte do patrimonio cultural do pobo maorí de Nova Zelandia.
Definición:
Lingua tradicional do pobo do mesmo nome que habita en Nova Zelandia no continente de Oceanía.
Exemplo:
A lingua maorí forma parte do patrimonio cultural do pobo maorí de Nova Zelandia.

Dando unha última volta por Oceanía atópaste con Tūtira Mai Ngā Iwi, é un canto moi coñecido e empregado en contextos educativos e comunitarios, xa que promove a unión do grupo, o traballo colectivo e o respecto entre as persoas. A letra está escrita en lingua maorí e non ten autor coñecido, pois forma parte do folclore transmitido oralmente de xeración en xeración.
Musicalmente, Tūtira Mai Ngā Iwi caracterízase por unha estrutura clara e repetitiva, cun pulso regular que facilita o canto colectivo e o acompañamento con movemento corporal. Na actualidade, esta canción segue a interpretarse en escolas e actos culturais de distintos países, mantendo viva unha parte importante do patrimonio musical maorí.
Nesta versión a canción interprétase de forma colectiva, sen voz solista. A interpretación é sinxela, cun pulso regular e repetición da letra.
Escoita a proposta de arranxo vocal para este tema maorí.
Aquí tes a partitura como apoio para o seu canto:
Agora escoita o arranxo da parte de frauta:
Aquí tes a partitura:
Agora repasa cada unha das partes e escolle cal podes ou prefires interpretar, ou ben vocal ou frauta.
Agora visualiza de novo o vídeo pero centra a atención na coreografía:
O seguinte paso será imitar os movementos e memorizar a secuencia que se repite.
Presta atención aos xestos, ao ritmo e ao movemento do grupo.
Non importa facelo perfecto.
Agora crea a túa propia coreografía en grupo.
Lembra ter en conta a forma musical como parte fundamental que nos define os cambios coreográficos.
Tūtira Mai Ngā Iwi é unha canción tradicional maorí.
Úsase en escolas e en actividades comunitarias.
A canción fala da unión das persoas e do traballo en grupo.
A canción promove a unión do grupo e o respecto entre as persoas.
A letra está en lingua maorí e non ten autor coñecido.
A música é repetitiva e ten un pulso regular.
Isto facilita cantar xuntos e moverse ao mesmo tempo.
Facilita o canto en grupo.
Tes dúas opcións para escoitar e seguir a partitura de forma interactiva: a ligazón en Musescore (abre nunha nova xanela) ou o reprodutor inserido a continuación.
| Maorí | Galego | IPA |
|---|---|---|
| Tūtira mai ngā iwi, tātou tātou e | Xuntádevos, pobos, todos xuntos | /ˈtuːtiɾa mai ŋaː ˈiwi ˈtaːtou ˈtaːtou e/ |
| Tūtira mai ngā iwi, tātou tātou e | Xuntádevos, pobos, todos xuntos | /ˈtuːtiɾa mai ŋaː ˈiwi ˈtaːtou ˈtaːtou e/ |
| Whai-a te marama-tanga | Busquemos o coñecemento | /ˈɸai a te ˈmaɾama ˈtaŋa/ |
| me te aroha - e nga iwi | e tamén o respecto e o agarimo, oh pobos | /me te aˈɾoha e ŋaː ˈiwi/ |
| Ki-a Tapa-tahi | Para estar unidos | /ki a ˈtapa ˈtahi/ |
| Ki-a kotahi ra | como un só grupo | /ki a koˈtahi ˈɾaː/ |
| Tatou tatou e | todos xuntos | /ˈtatou ˈtatou e/ |
Aquí tes a partitura xeral de Tūtira Mai Ngā Iwi e as de cada unha das partes.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0