Glosario
Koto
Definición:
Instrumento de corda punteada, parecido a unha cítara.
Exemplo:
O koto é un instrumento tradicional de Xapón.
Definición:
Instrumento de corda punteada, parecido a unha cítara.
Exemplo:
O koto é un instrumento tradicional de Xapón.
Sakura é unha palabra xaponesa que significa "flor da cerdeira". As cerdeiras en Xapón teñen o carácter de simbolizar a transitoriedade da vida e a beleza xa que caen da árbore no momento no que son máis fermosas.
A canción Sakura é unha canción infantil moi coñecida. A súa orixe é antiga pero en 1888 adquiriu a sua forma actual, xa que apareceu en tratados para ensinar a tocar o koto.
Aquí tes a versión proposta de Sakura. A segunda voz é opcional. Vós decidides se queredes facela a unha ou dúas voces.
E aquí tes a partitura.
Aquí tes unha coreografía do Coro Las Veredas, que pode servir para inspirarvos.
Se prefires interpretar con frauta e percusión aquí tes a partitura.
Tes dúas opcións para escoitar e seguir a partitura de forma interactiva: a ligazón en Musescore (abre nunha nova xanela) ou o reprodutor inserido a continuación.
| XAPONÉS | GALEGO | IPA |
| Sakura sakura | Flores de cerdeira, flores de cerdeira | /sa.kɯ.ɾa sa.kɯ.ɾa/ |
| yayoi no sora wa | a través do ceo primaveral | /ja.jo.i no so.ɾa wa/ |
| mi-watasu kagiri | tan lonxe como alcanza a vista | /mi.wa.ta.sɯ ka.ɡi.ɾi/ |
| kasumi ka kumo ka | É néboa ou son nubes? | /ka.sɯ.mi ka kɯ.mo ka/ |
| nioi zo izuru | Arrecendendo o aire | /nioi zo i.zɯ.ɾɯ/ |
| izaya izaya | Ven agora, ven | /i.za.ja i.za.ja/ |
| mini yukan | Vaiamos velas | /mi.ni jɯ.kaɴ/ |
Aquí podes encontrar as diferentes partes da canción Sakura
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0