Saltar navegación

Descobre máis: "Funga Alafia"

"Funga alafia"

Persoa indíxena de ÁfricaCando camiñas nunha viaxe e te atopas con alguén o normal é saudar. Pois verás unha canción que servía para saudar. Cantábase para dar a benvida, para mostrar respecto e para dicir sen palabras complicadas, que a alegría medra cando se comparte. Cada xesto, cada movemento e cada son axudaban a crear un clima de encontro e confianza.

Sitúate no círculo grupal e escoita a canción, - vas aprendela!

Desprázate polo espazo con pasos laterais cara a dereita na primeira frase e cambiade de dirección na repetición da frase.

Posición corporal

Os brazos están elevados lateralmente coas palmas das mans estendidas, á altura da cabeza e mirando o centro do círculo.

Canta

Agora únete coa túa voz.

Primeiro dividimos o grupo en dúas metades. Un grupo comeza cantando Funga alafia e o outro grupo responde cantando Ashay.

Cando saia completa farala co movemento para integrala toda e, finalmente, farás un pequeno canon a dúas voces a distancia dun compás.

Partitura de Funga alafia

O saúdo

Esta canción e danza proceden de África Occidental e con esta canción exprésase a benvida e os bos desexos ás persoas que nos acompañan. 

A canción interprétase con xestos que simbolizan o saúdo. Cos teus pasos vas amosar que sodes persoas de confianza. Vas ensinar partes do voso corpo coas que darás a benvida con xestos que simbolizan o respecto e a paz:

  1. Persoas saudándose
    Saúdo desde a miña cabeza: somos persoas transparentes e desde o noso pensar desexamos o ben aos demais.
  2. Saúdo coa boca: as miñas palabras non din mentiras.
  3. Saúdo co corazón: as nosas emocións tamén son sinceras e buscan o respecto das persoas que acaban de chegar.
  4. Saúdo cos pulsos: non temos nada que esconder debaixo do brazo, non levamos armas e queremos a paz.

Coreografía

Agora imos traballar os pasos.

Mantente nos desprazamentos laterais, agora cara á dereita, mentres tanto coas mans vas ir sinalando partes do noso corpo mentres cantamos.

Funga: os teus dedos tocan a cabeza.

Alafia: estende os brazos, coas palmas cara arriba, ao centro do corro.

Ashay: leva os dedos á boca.

ashay: repite a posición de brazos estendidos.

Cambio de sentido: esquerda

Funga: os teus dedos tocan o corazón.

Alafia: estende os brazos, coas palmas cara arriba, ao centro do corro.

Ashay: Brazos na posición inicial. Cara arriba, en horizontal ao teu corpo, as palmas das mans están abertas en dirección ao interior do corro, sinalando que “vas desarmado” ensinando os teus antebrazos.

Ashay: Tes que darte unha “auto” aperta.

Repite os pasos!

Interpretación

Agora tes instrumentos de percusión Orff facendo un círculo diante túa... pero só hai instrumentos para uns poucos. 

Senta cos instrumentos diante mentres o resto de compañeiras están no círculo grande de fóra bailando e cantando.

Aquí tes a partitura coa que vas acompañar a canción:

Partitura de Funga alafia

Visualiza

Agora observa esta proposta

Lectura facilitada

Cando camiñas nunha viaxe, o normal é saudar.
Esta canción servía para dar a benvida.
Cantábase para mostrar respecto e alegría.

Os xestos, os movementos e os sons axudan a crear confianza.

Colócate no círculo do grupo.
Escoita a canción.
Agora vas aprendela.

Apoio visual

Tes dúas opcións para escoitar e seguir a partitura de forma interactiva: a ligazón en Musescore (abre en nova xanela) ou o reprodutor inserido a continuación.

Propoñede a vosa versión

Realizade a vosa propia versión: 20 minutos Agrupamento: 4-5 persoas

Pensade o significado da canción e propoñede a vosa versión de Funga alafia. Pensade que pode achegar esta canción e coreografía a un grupo de persoas como a vosa clase e que emocións traballamos.

Practicade a vosa versión.

Ides facela en grupo todos xuntos. Ensinade a vosa versión ao resto de compañeiros e compañeiras.

E se a proposta fose en inglés?

E agora, para aprender máis, achegámonos a unha nova proposta coa que, ademais, practicaremos inglés.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)