"Baanopstekker", Holanda
Segues por Europa viaxando e paras nos Países Baixos, en concreto na rexión Achterhoek. Nesta zona existe unha danza que pode ser chamada Boanopstekker, Baonopstekker ou Baanopstekker, existen rexistros documentais dos tres nomes.
Información
Estes bailes realizábanse comunmente con zocos de madeira e roupa grosa, polo que se baila cun estilo sinxelo e natural. As mans libres colócanse nas cadeiras, cos dedos cara diante, por regra xeral.
Escoita
Esta danza báilase en corro.
Camiña polo espazo e intenta facer os pasos como vos indica a música. Pensa se o que escoitas é alegre ou triste, se o que escoitas é un tempo rápido ou lento e intenta amoldar esas emocións e transformalos en pasos para camiñar:
Serían pasos rápidos ou lentos?
Serían pasos pesados ou lixeiros?
Agora proba a camiñar na punta dos pés, saltar, correr ou tumbarte no chan e desprazarte nesa posición. Que movementos se adecúan á peza que escoitas?
E finalmente, cantas frases musicais diferentes escoitas?
Coreografía
Esta canción podémola estruturar en tres partes ou frases.
Frase A
Camiña cara a dereita a primeira metade da frase (compases 1-4), media volta e camiña cara a esquerda (compases 5-8).
Frase B
Da catro pasos para o centro do corro (compases 9-12).
Da catro pasos cara atrás para regresar á nosa posición orixinal (compases 13-16).
Frase C
Escoita esta frase en silencio.
Interpreta
Agora colle os instrumentos que hai no centro da clase e interpreta esta canción cos instrumentos de altura determinada.
_cuatro_voces-primeiro_sistema.png)
Lectura facilitada
Segues viaxando por Europa.
Agora paras nos Países Baixos.
Esta zona chámase Achterhoek.
En Achterhoek existe unha danza tradicional.
Esta danza ten varios nomes.
Pode chamarse Boanopstekker.
Tamén pode chamarse Baonopstekker.
Outro nome é Baanopstekker.
Todos estes nomes aparecen en documentos antigos.
Esta danza bailábase con zocos de madeira.
Tamén se usaba roupa grosa.
O baile é sinxelo e natural.
Audio
Apoio visual
Tes dúas opcións para escoitar e seguir a partitura de forma interactiva: a ligazón en Musescore (abre nunha nova xanela) ou o reprodutor inserido a continuación.