| Título |
Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural |
|---|---|
|
Descrición |
Este REA é o número 2 - dun total de 4 - da proposta cREAgal para Música en 2.º ESO. Ten como finalidade o achegamento á linguaxe musical a través da práctica da música e da danza de diferentes partes do mundo, así como a comprensión das súas características e a valoración da diversidade cultural. O alumnado deberá resolver un reto que consiste na creación colectiva dun conto musical, no que empregará a voz, o corpo e diferentes instrumentos para interpretar, improvisar e compoñer pequenos fragmentos musicais, que serán presentados de maneira creativa. |
| Persoas elaboradoras |
Beatriz Alonso Pérez-Ávila Efraím Díaz Vázquez Gracia Rodríguez Blanco |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
