Saltar navegación

5. E colorín colorado...

Arriba o pano

De África a Oceanía, América, Europa e Asia... os cinco continentes nun conto musical!

Na viaxe levaches unha mochila que fuches enchendo aos poucos. Agora nela tes unha morea de experiencias e aprendizaxes novas.

Achegácheste a músicas doutras partes do mundo e descubriches que a música serve para expresar ideas, contar historias e compartir experiencias en grupo. O importante non foi facelo perfecto, senón participar, respectar e crear xuntas/os, usando a música para a expresión. A través da escoita, do movemento e da creación, aprendiches que non hai unha soa maneira de facer música e que todas as culturas teñen valor.

Infografía resumo do REA

Lectura facilitada

De África a Oceanía, América, Europa e Asia.
Os cinco continentes nun conto musical.

Na viaxe aprendiches e compartiches experiencias.
A música serviunos para crear xuntos.

Descubriches que hai moitas formas de facer música
e que todas as culturas teñen valor.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)