Mostrando o traballo ao mundo
O concerto final foi o punto de chegada dun longo camiño. Para pechar o reto e darlle valor a todo o proceso, podes crear un vídeo ou un cartel resumo do concerto. Non se trata só de amosar ou rexistrar o produto final, de contar a historia do proxecto: que fixemos, como o fixemos e que aprendemos.
Se escolles un vídeo podes incluír:
- Pequenos fragmentos do concerto
- Imaxes dos ensaios
- Textos ou voces explicando o significado do proxecto
- Referencias ás músicas dos distintos continentes
Se escolles un cartel podes recoller:
- O título do conto musical
- Os continentes visitados
- Palabras clave do proxecto (música, viaxe, culturas…)
- Imaxes, debuxos ou símbolos que representen o concerto
Lectura facilitada
O concerto final pecha todo o traballo realizado.
Para darlle valor ao proceso, podes crear un vídeo ou un cartel.
No vídeo podes mostrar fragmentos do concerto, ensaios e o que aprendiches.
No cartel podes recoller o título, os continentes e ideas clave do proxecto.
O importante é contar a historia do camiño, non só o resultado final.
