Saltar navegación

4. De Galicia a Tombuctú

Retomando o reto

Xente bailando carnaval

Despois dun tempo viaxando polo mundo, descubriches como cada cultura se expresa a través da música, a danza e as cancións. Tamén coñeciches ritmos distantes, instrumentos novos, idiomas diferentes… e, sobre todo, aprendiches que a música nos une sen importar o lugar.

Agora é o momento de continuar ese camiño e contar a historia que fixeches con todo o que xa sabedes, pero consciente de todo o que aínda che queda por descubrir das músicas do mundo.

Lectura facilitada

Despois de viaxar polo mundo, viches que cada cultura se expresa a través da música, da danza e das cancións.
Coñeciches ritmos diferentes.
Descubriches instrumentos novos.
Escoitaches idiomas distintos.

Aprendiches que a música une as persoas.
Non importa o lugar do mundo.

Agora é o momento de continuar o camiño.
Conta a historia que creaches co aprendido.
Lembra que aínda che queda moito por descubrir das músicas do mundo.

Como organizar o concerto?

A organización dun concerto é algo creativo pero esixe moita responsabilidade pola túa parte porque o resultado final depende da colaboración de todos os membros.

O que cada un fai é importante, presta moita atención ás instrucións do teu profesor. No mundo do espectáculo non se pode perder tempo!

Paso 1

Pictograma dunha anotaciónDeseño do concerto

1.  Selecciona en grupo as pezas musicais que queres presentar, a súa orde e estrutura

2. Crea en grupo a historia que articulará as nosa pezas

3. Decide os elementos extra musicais que queredes que aparezan no concerto (vestiario, fondo, iluminación...)

Paso 2

Interrogante División das tarefas

Debes repartir os roles. Ten que haber actores, cantantes, bailaríns e instrumentistas.

Paso 3

 MicrófonoEnsaios

Debes facer ensaios por seccións, despois xerais para facer a obra completa.

Como se avalía o voso reto?

Rúbrica do reto
 ExcelenteAxeitadoEn procesoInicial
Precisión rítmica e fluidezLeva o pulso da obra perfectamente sen interrupcións axustándose ao tempo. Reproduce as secuencias rítmicas de maneira precisa. (1.25)Leva o pulso da obra bastante ben aínda que en algunha ocasión se interrompe, adiántase ou atrasase no tempo. Reproduce as secuencias rítmicas de maneira precisa a maior parte do tempo. (1)Cústalle axustarse ao tempo da obra, adiantándose ou atrasándose con certa frecuencia. A interpretación é insegura, hai tres ou máis pausas que interrompen o discurso musical. Falta algo de precisión na reprodución das secuencias rítmicas. (0.5)Moitas dificultades á hora de levar o pulso da obra. A interpretación é interrompida constantemente eliminando toda cohesión do discurso musical. As secuencias rítmicas carecen de precisión. (0)
Precisión melódica/harmónicaInterpreta con total precisión e seguridade a melodía ou harmonía (notas e/ou acordes) durante toda a obra. (1.25)Interpreta con bastante precisión e seguridade a melodía ou harmonía (notas e/ou acordes) durante case toda a obra. (1)Falta precisión e seguridade á hora de interpretar a melodía ou harmonía (notas e/ou acordes) en bastantes momentos da obra, pero inténtao. (0.50)A interpretación da melodía ou harmonía (notas e/ou acordes) carece de precisión en case toda a obra. (0)
Técnica Interioriza os distintos aspectos da técnica e levalos á práctica de xeito efectivo: controla a colocación dos brazos, das mans, dos dedos, o rebote, o rasgueo, a pinza, o ataque, o punteo, a dixitación das mans, controlar a respiración, articular, frasear, colocar a voz etc. (1.25)Interioriza os distintos aspectos da técnica e lévalos á práctica dun xeito aceptable, pero con marxe de mellora. (1)Asimilou polo menos dous aspectos da técnica do instrumento ou ben mellorou lixeiramente todos os aspectos da técnica. (0.50)Ten graves dificultades para asimilar os aspectos fundamentais da técnica do instrumento: colocación das mans, como se colle o instrumento, como se fai o ataque, a pinza, o rebote, o rasgueo, entre outros. (0)
Actitude durante a interpretación nos ensaiosGran concentración e atención durante os ensaios e a interpretación. Séguense as indicacións da persoa docente en todo momento. (1.25)Bastante concentración e atención durante os ensaios e a interpretación. Normalmente séguense as indicacións da persoa docente. (1)Concentración e atención variable durante os ensaios e a interpretación. En ocasións segue as indicacións da persoa docente. (0.50)Pouca ou moi pouca concentración e atención durante os ensaios e a interpretación. Normalmente non segue as indicacións da persoa docente. (0)
Interpretación grupalPerfecta adecuación ao grupo. Escoita ao resto de compañeiros e compañeiras mentres interpreta a súa parte. É quen de adaptar o fraseo e os tempos ao resto. (1.25)A maior parte da interpretación consegue adecuarse ao grupo, pero en ocasións está demasiado centrado no seu papel. (1)Cústalle interpretar o seu papel e adecuarse ao grupo. Consegue facelo nalgunhas ocasións. (0.5)Está totalmente centrado no seu papel ignorando a interpretación do resto do grupo. (0)
Activación do corpoAmosa un nivel de enerxía óptimo, compatible coa representación escénica e coa transmisión de emocións á audiencia en todos os elementos que entran a escena (voz, expresión corporal, mirada, coreografía ou colocación) (1.25)Amosa un nivel de enerxía axeitado, compatible coa representación escénica e coa transmisión de emocións á audiencia, porén en algún aspecto (na voz, na expresión corporal, na súa colocación, na coreografía ou na mirada) podería amosar unha maior activación que axude a transmitir todas as emocións. (1)Amosa un nivel de enerxía medio/baixo, incompatible coa representación escénica e coa transmisión de emocións á audiencia. (0.5)Amosa un nivel de enerxía baixo, incompatible coa representación escénica e coa transmisión de emocións á audiencia. (0)
Traballo en grupo durante os ensaiosAmosa interese en traballar en equipo cunha enerxía apropiada, entendendo cales son os seus puntos fortes e cales os dos e das compañeiros/as, traballando de xeito colaborativo. É quen de resolver conflitos e achegar ideas de dirección. (1.25)Amosa interese en traballar en equipo cunha enerxía apropiada. É quen de resolver conflitos e achega ideas de dirección. (1)Amosa interese en traballar en equipo, pero non sempre ten unha enerxía apropiada. (0.5)Amosa interese en traballar en equipo, non axuda aos compañeiros ou compañeiras e non só non facilita o traballo, senón que imposibilita o desenvolvemento dos ensaios. (0)
Calidade do sonO son é claro, definido e de calidade. Se utilizamos un instrumento de vento (a voz, frautas etc) utiliza unha respiración axeitada e amosando dominio da mesma en todo momento. (1.25)O son é claro, definido e de calidade ao longo de case toda a interpretación. Se utilizamos un instrumento de vento (voz, frautas etc) controla practicamente por completo a respiración, aínda que non na súa totalidade. (1)O son, en xeral, está pouco controlado, aínda que en ocasións conséguese certa claridade e definición. Se utilizamos un instrumento de vento (voz, frauta etc.) controla levemente a respiración, tendo algún erro realizando algunha pausa descontrolada que pode ser tanto do seu corpo como da súa respiración. (0.5)O son está descontrolado, carece de claridade e definición en case toda a obra. Se utilizamos un instrumento de vento (voz, frauta etc.) non controla a respiración, realizando pausas en lugares equivocados e/ou descontrolando o seu corpo (0)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)