Música mestre
O primeiro que tes que facer é escoller o repertorio musical. Estes son os pasos a seguir
Paso 1
Selección das pezas
Revisa en grupo as pezas aprendidas durante estas semanas e seleccionade as que máis vos gusten. Tes que ter en conta que hai que representar cada continente cunha canción.
Paso 2
Orde das pezas
O seguinte paso é moi importante porque a orde das pezas será o que fará de fío condutor para escribir a historia
Paso 3
Estrutura das pezas
A estrutura é a orde na que se interpretan as distintas seccións das cancións e os diferentes elementos que aparecen en cada sección (voz, movemento, instrumentos).
Lectura facilitada
O primeiro que tes que facer é escoller o repertorio musical.
Estes son os pasos a seguir.
Paso 1. Selección das pezas
Revisas en grupo as pezas aprendidas nestas semanas.
Escolles as que máis vos gustan.
Tes que ter en conta que cada continente debe estar representado cunha canción.
Paso 2. Orde das pezas
Este paso é moi importante.
A orde das pezas servirá de fío condutor para escribir a historia.
Paso 3. Estrutura das pezas
A estrutura indica a orde das distintas partes das cancións.
Tamén mostra os elementos que aparecen en cada sección, como a voz, o movemento ou os instrumentos.



Este é o punto de partida da historia. A descrición das personaxes, lugares e motivacións para comezar a viaxe.
Comezan a suceder as accións (a viaxe) e relátanse os acontecementos que nelas ocorren.
Nel narramos a final da viaxe as conclusións e ensinanzas recibidas.

