Diario de aprendizaxe

Despois de facer unha volta ao mundo en cinco paradas, aprendendo unha canción en cada continente e coñecendo as súas características musicais, é o momento de parar e pensar sobre todo o que vivimos nesta fase.
Agora toca recoller a experiencia da viaxe: o que escoitamos, o que cantamos, o que descubrimos e o que aprendemos sobre as músicas do mundo.
Vai á fase 3 do diario de aprendizaxe e completa as actividades propostas. Esto axudarache a ordenar as ideas, reflexionar sobre as músicas dos continentes e entender como todo isto forma parte do conto musical que estamos a crear.