Glosario
Aborixe
-
Definición:
-
Persoa ou pobo orixinario dun territorio, que habitaba ese lugar antes da chegada doutros pobos ou da colonización. O termo úsase para referirse ás comunidades indíxenas que manteñen tradicións culturais, linguas e formas de vida propias en uso desde fai varios séculos.
-
Exemplo:
-
Os pobos aborixes de Australia conservan tradicións musicais propias que se transmiten de xeración en xeración.
Antípodas
-
Definición:
-
As antípodas son os lugares da Terra que están xusto no lado contrario doutro lugar, é dicir, se un está nun punto do planeta, as súas antípodas están no punto oposto do globo terráqueo.
-
Exemplo:
-
Cando aquí é mediodía nas antípodas é medianoite.
Colonialismo
-
Definición:
-
Proceso polo cal un país ou poder externo ocupa, domina e controla outro territorio, impoñendo a súa autoridade política, económica e cultural.
-
Exemplo:
-
Ademais de en América, o colonialismo europeo provocou cambios profundos nas culturas indíxenas de Oceanía.
.svg.png)