Dentro do baúl dos recordos musicais
Antes de comezar co conto musical, toca abrir o baúl dos vosos recordos musicais.
De seguro que tes gardados na túa memoria coñecementos como as voces, os instrumentos, as agrupacións musicais e moitas melodías. Recuperarás a melodía infantil Debajo de un botón para activar a túa imaxinación e coller ritmo cara o reto.
Adiante!
Lectura facilitada
Antes de comezar co conto musical, vas repasar conceptos de cursos pasados.
Algúns deles son:
- clasificación das voces
- clasificación dos instrumentos
- as agrupacións instrumentais
- a melodía de Debajo de un botón
Adiante!