Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural
2.1. Instrumentos musicais
Glosario
Catalogación
Definición:
Proceso de ordenar e clasificar instrumentos ou outros materiais seguindo unhas regras para poder identificalos e estudalos facilmente.
Exemplo:
O sistema Hornbostel-Sachs clasifica os instrumentos, o sistema decimal de Dewey clasifica os libros nas bibliotecas.
Organoloxía
Definición:
Rama da musicoloxía que estuda os instrumentos musicais, dende as orixes, pasando polas súas características e promovendo unha clasificación.
Exemplo:
A clasificación dos instrumentos musicais é unha das partes do traballo da organoloxía.
Sabes que?
Hai moito tempo, dous investigadores chamados Erich von Hornbostel (1877-1935) e Curt Sachs (1881-1959) decidiron organizar todos os instrumentos do mundo nunha gran clasificación organolóxica. O seu sistema serviu para clasificar instrumentos musicais de moitas culturas e chamouse clasificación Hornbostel-Sachs.
Agruparon os instrumentos en cinco grandes familias, segundo o elemento que produce o son:
Idiófonos: o propio corpo do instrumento vibra, como nas maracas e nos pratos.
Membranófonos: o son aparece ao vibrar unha membrana, como no tambor.
Cordófonos: o son prodúcese pola vibración dunha corda, como na guitarra e no violín.
Aerófonos: o son fórmase coa vibración do aire, como na frauta e trompeta.
Electrófonos: o son créase grazas á electricidade, como no sintetizador.
Hornbostel e Sachs usaron un sistema parecido ao das bibliotecas, asignando números a cada grupo de instrumentos que a súa vez ten no seu interior outros grupos máis pequenos. Así podían clasificar con precisión tanto os instrumentos antigos como os modernos e incluso aqueles que aínda non existían. Con este traballo tamén facilitaron o estudo e catalogación de instrumentos musicais de diferentes culturas do mundo.
Lectura facilitada
Erich von Hornbostel e Curt Sachs estudaron os instrumentos musicais.
Fixeron un sistema para clasificar todos os instrumentos do mundo que se chama como eles.
Os instrumentos están repartidos en cinco grupos, dependendo de como producen o son:
1. Idiófonos. O instrumento enteiro vibra. Exemplos: maracas e pratos.
2. Membranófonos. Fan o son cunha membrana. Exemplo: tambor.
3. Cordófonos. Fan o son cunha corda. Exemplos: guitarra e violín.
4. Aerófonos. Fan o son co aire. Exemplo: frauta e trompeta.
5. Electrófonos. Fan o son coa electricidade. Exemplo: sintetizador.
Audio
Apoio visual
Investiga en equipo!
Duración: 15 minutos Agrupamento: 3-5 persoas
Vas traballar coas persoas compañeiras en grupos para coñecer mellor os instrumentos musicais.
Usarás a clasificación de Hornbostel e Sachs, que divide os instrumentos en cinco familias: aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos.
Que tes que facer?
Le a información anterior sobre a clasificación dos instrumentos. Mira tamén a táboa da clasificación Hornbostel-Sachs (PDF).
En grupos, busca dous instrumentos de cada grupo da clasificación.
De cada instrumento escribe:
O seu nome ou nomes
O elemento que produce o son
O teu obxectivo é aprender como se produce o son en cada tipo de instrumento e descubrir a gran variedade de instrumentos que existen no mundo.
Lectura facilitada
Imos traballar en grupos. Queremos coñecer mellor os instrumentos musicais.
Hai unha clasificación chamada Hornbostel-Sachs. Esta clasificación divide os instrumentos en cinco grupos:
1. Aerófonos
2. Cordófonos
3. Idiófonos
4. Membranófonos
5. Electrófonos
Le a información anterior e mira a táboa Hornbostel-Sachs (PDF). En grupo, buscade dous instrumentos de cada grupo.
De cada un escribide o seu nome e o elemento que produce o son.
Audio
Pista
Usa a información de "Sabes que?" que acabas de ler, descarga o ficheiro anexo premendo na imaxe como fonte inicial para a túa investigación.
Emprega outras fontes de información en rede ou bibliográficas dispoñibles no teu centro educativo.
Audio
Pon en práctica
Ponte a proba e demostra o que sabes, realiza algunha das seguintes opcións:
Opción A: Clasifica instrumentos
Agora vas facer unha pequena práctica para comprobar o que aprendiches.
Observa as seguintes imaxes e clasifica o instrumento musical no grupo correspondente da clasificación Hornbostel-Sachs na seguinte actividade. Utiliza o teu caderno para indicar as túas respostas.
Violín
Frauta
Gong
Saxofón
Djembé
Guitarra
Guitarra eléctrica
Tuba
Glockenspiel ou lira
Shakuhachi
Claves
Pratos
Kora
Timbal ou tom tom de batería
Piano
Trompeta
Xiradiscos
Didgeridoo
Timbal sinfónico
Óboe
Lectura facilitada
Comproba o que aprendiches.
Observa as imaxes e elixe o grupo correcto.
Opción B: Cada instrumento ao seu grupo de clasificación