Glosario
Aborixes
-
Definición:
-
As persoas aborixes son os pobos orixinarios dun lugar que vivían alí antes da chegada doutros pobos. Usan o termo sobre todo en Australia, pero tamén pode aplicarse a outras culturas antigas.
-
Exemplo:
-
Os aborixes australianos teñen cancións, contos e pinturas que explican como se creou o mundo.
Transmisión oral
-
Definición:
-
A transmisión oral é o pasar historias, cantigas ou coñecementos dunha xeración a outra usando só a voz, sen escrita. É unha maneira tradicional e máis antiga de conservar o coñecemento dun pobo.
-
Exemplo:
-
A miña avoa cantoume unha canción que de pequena a escoitába da súa nai.
Folclore
-
Definición:
-
O folclore ou folklore é o conxunto de costumes, contos, cancións, crenzas, bailes e tradicións dunha comunidade. É todo aquilo que as persoas transmiten de xeración en xeración e que forma parte da súa cultura. Provén de folk (pobo) + lore (sabedoría), unidas: a sabedoría do pobo.
-
Exemplo:
-
Aprendín a tocar as castañolas por ser parte do folclore español.
