Cando algo se torce
Era xoves, o día estaba revolto. Tanto chovía como saía o sol ou se levantaba o vento. Non descansara nada aquela noite.
—Espabila que marcha o autobús!— berrou a miña avoa mentres saía da casa cara a parada metendo o traballo que tanto me costara facer na mochila.
Escoitei o seu motor, coma se dunha fera se tratara, cada vez máis preto. Case sen folgos fun quen de chegar e poñer un pé para montar.
O condutor miroume malhumorado, tirei pola mochila e aguantando o equilibrio fun quen de subir o outro pé. Non correu a mesma sorte o meu traballo. Con tanto abaneo a mochila abriuse e as follas saíron voando ao sentido contrario da marcha que o autobús retomara.
—Detéñao, por favor— supliqueille ao conductor.
—Non teño tempo de parvadas, xa chegamos tarde— respostou o conductor sen posibilidade de réplica.
Mentres o autobús marchaba o meu traballo voaba ao son do vento e con el, tamén a posibilidade de aprobar a materia.
Lectura facilitada
O xoves saín tarde da casa para ir ao colexio.
Collín o autobús polos pelos.
Cando subía vooume o traballo que tiña preparado para presentar no colexio.