Antes de comezar…, é momento de pensar, imaxinar e prepararnos para o reto.
Os pasos a seguir:
1. Activamos o que xa sabemos
No teu caderno, responde con calma as seguintes preguntas. Non hai respostas correctas ou incorrectas: o importante é reflexionar.
- Que é para min unha noticia?
- Que diferenza hai entre informar e opinar?
- Que partes creo que ten unha noticia?
- Que debe ter unha boa entrevista?
Escribe as túas ideas iniciais. Máis adiante poderás comprobar canto aprendiches!
2. Tomamos o rol: somos xornalistas!
Agora imos poñernos na pel dunha persoa que traballa nun medio de comunicación.
Imaxina que formas parte dunha redacción…
- Se eu fose xornalista, que tipo de noticias me gustaría cubrir? (culturais, deportivas, sociais, científicas…).
- Que habilidades creo que necesita unha persoa que traballa nunha redacción?
- Que podo achegar eu ao equipo? (creatividade, organización, capacidade para falar en público, redacción, deseño…).
O xogo de roles axudaranos a entender mellor como funciona o traballo en equipo nun medio informativo.
3. Anticipamos o reto
Todo proxecto supón desafíos…, e tamén oportunidades!
Reflexiona:
- Que me parece máis difícil deste proxecto?
- Que me parece máis interesante?
- Que quero aprender durante esta experiencia?
Pensar no que esperamos do proxecto axudaranos a marcar metas persoais.
4. Peche reflexivo
Completa no teu caderno a seguinte frase:
“Ao final deste proxecto gustaríame ser capaz de…”.
Antes de comezar temos que pensar.
Temos que imaxinar o reto.
E temos que prepararnos ben.
Os pasos a seguir:
1. Activamos o que xa sabemos
Responde estas preguntas no teu diario de aprendizaxe.
Respóndeas con calma.
Lembra que non hai respostas correctas ou incorrectas.
O importante é reflexionar.
- Que é para min unha noticia?
- Que diferenza hai entre informar e opinar?
- Que partes creo que ten unha noticia?
- Que debe ter unha boa entrevista?
Escribe as túas ideas iniciais.
Máis adiante comprobarás canto aprendiches!
2. Tomamos o rol: somos xornalistas!
As persoas que traballan nun medio de comunicación chámanse xornalistas.
Agora porémonos na pel dun xornalista ou dunha xornalista.
Imaxina que formas parte dunha redacción.
Responde as seguintes preguntas.
- Que tipo de noticias me gustaría cubrir?
- Que habilidades necesita un xornalista ou unha xornalista?
- Que podo facer eu no equipo?
Podes pedir axuda para coñecer os distintos tipos de noticias.
Este xogo de roles axudaranos moito.
Con este xogo entenderemos como se traballa en equipo.
Nos medios de comunicación sempre se traballa en equipo.
3. Anticipamos o reto
Nos proxectos hai desafíos e oportunidades.
Reflexiona coas seguintes preguntas.
- Que me parece máis difícil deste proxecto?
- Que me parece máis interesante?
- Que quero aprender durante esta experiencia?
Pensar nisto axudaranos a ter obxectivos.
4. Peche reflexivo
Le a seguinte frase inacabada.
Está inacabada porque a tes que acabar ti.
Escribe no teu diario unha continuación para a frase,
como se a completases.
“Ao final deste proxecto gustaríame…”