Que é o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.
Lectura facilitada
O diario de aprendizaxe é para escribir sobre o que aprendes.
Debes pensar nas cousas que foron ben.
Tamén nas que non saíron como querías.
Aprenderás a reflexionar sobre o teu traballo.
E a reflexionar sobre o traballo en equipo.
Servirache de axuda para compartir información.
Para compartila coas túas compañeiras e compañeiros de grupo.
Tamén che servirá para conseguir o reto proposto.
Atende ás explicacións da túa profesora ou do teu profesor.
Ela ou el explicaranche o que debes facer no diario de aprendizaxe.