Entendín todos os pasos para elaborar o sketch. (2)
Souben o que tiña que facer un sketch, mais non entendín ben todos os pasos. (1.5)
Necesitei axuda para entender o que é un sketch e os pasos para acadalo. (1)
Aínda que solicitei axuda, non entendín os pasos do sketch. (0.5)
No traballo en equipo
Integreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)
Integreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoiei as propostas dos demais. (1.5)
Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)
Non logrei integrarme ben no grupo e traballei pouco. (0.5)
No traballo individual
Realicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)
Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5)
Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)
Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesar de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5)
Na elaboración de tarefas en grupo
Participei activamente e esforceime para resolver con éxito as tarefas. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2)
Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1.5)
Participei nas tarefas pero non me esforcei o necesario. Debería implicarme máis. (1)
Intentei participar nas tarefas de grupo, frustreime moito e desistín. (0.5)
Na elaboración do sketch
Traballei co meu equipo para elaborar a escena, ensaiei e representei o sketch. Tamén axudei aos outros membros do grupo. (2)
Colaborei na elaboración da escena, nos ensaios e na representación do sketch. (1.5)
A miña participación na elaboración da escena, os ensaios e a representación foi baixa. Os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. (1)
Non participei en todos os pasos do sketch. Deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5)