Saltar navegación

4.2 Sabemos voar

 

Glosario

Creación colectiva

Mans que poñen pezas distintas dentro dun edificio con forma de fábrica

Definición:

Unha creación colectiva é unha produción artística que creamos entre todas e todos e que non sería posible sen as achegas de todas as persoas que participaron nela.

Exemplo:

O teatro é a creación colectiva por excelencia: é imposible que unha soa persoa poida levar a cabo unha representación enteira!

Crítica construtiva

Cadrado en branco e círculo en vermello

Definición:

Unha crítica construtiva é un exercicio de reflexión no que se destacan tanto os elementos positivos coma os elementos negativos, e que se fai para axudar a mellorar.

Exemplo:

Fixéronnos unha crítica construtiva que nos axudou a mellorar moito as seguintes representacións.

Dicción

Muller falando

Definición:

A dicción é a capacidade de falar coidando a pronuncia e a velocidade das palabras que dicimos para que se nos entenda ben.

Exemplo:

Dá gusto escoitar esa actriz cando actua: coida moito a dicción e enténdeselle moi ben!

Voamos xuntas sen medo

Chegaches e chegastes ao final deste camiño de aprendizaxe. Un camiño colectivo, coma o teatro.

Pictograma dunha persoa voando en ala delta.

Ao longo do proxecto traballaches con outras persoas, escoitaches historias, reflexionaches sobre o medo, a liberdade, os límites e as ás que algunhas veces nos cortan antes de que poidamos levantar o voo…

Tamén puideches pensar nas cousas e nas persoas que che axudan a voar.

Agora é o momento de pechar o círculo, de compartir o aprendido e de mirarnos como grupo.

Como Ícaras, descubrimos que voar non significa non caer, senón atreverse, erguerse e facelo xuntas e xuntos.

O teatro (e a creación artística) convértese sempre nun espello: o que unha persoa sente, o grupo transfórmao en mensaxe colectiva.

É o momento de voarmos xuntas sen medo a caer!

Lectura facilitada

Chegaches ao final deste camiño de aprendizaxe.

Un camiño colectivo, coma o teatro.

Ao longo do proxecto traballaches con outras persoas.

Tamén escoitaches historias.

Ademais, reflexionaches sobre o medo e a liberdade.

E tamén viches que ás veces nos cortan as ás.

E córtannolas antes de que poidamos voar.

Tamén puideches pensar nas persoas que che axudan a voar.

Agora é o momento de pechar o círculo.

É o momento de compartir o aprendido.

Como Ícaras, descubrimos que voar non significa non caer.

Voar significa atreverse e facelo xuntas e xuntos.

A creación artística e o teatro son un espello.

Un espello que transforma nunha mensaxe o que unha persoa sente.

É o momento de voarmos xuntas sen medo a caer!

Antes de presentar

Antes de mostrardes a vosa creación, o grupo fará unha breve introdución oral (de poucos minutos) na que haberá que explicar:

  • Que queredes transmitir coa vosa proposta.
  • Que relación ten co proxecto de Ícaras.
  • Que significa para vós, como grupo, “voar sen medo a caer”.

Estas dúas ideas axudaranvos a preparar a introdución:

“Isto é o que aprendemos" e "isto é o que queremos compartir convosco”.

Non hai teatro sen posta en común!

Lectura facilitada

Cada grupo fará unha introdución oral antes de mostrar a súa creación.

Esa introdución só durará uns poucos minutos.

Na introdución haberá que explicar:

  • Que queredes transmitir coa vosa proposta?
  • Que relación ten co proxecto de Ícaras?
  • Que significa para vós “voar sen medo a caer”?

Pensade nestas dúas ideas para preparar a introdución:

  • “Isto é o que aprendemos"
  • "Isto é o que queremos compartir convosco”.

Non hai teatro sen posta en común!

Durante a mostra

Cada grupo amosa a súa creación diante do resto da clase ou da comunidade educativa nalgún espazo axeitado do centro (na aula, na biblioteca, no salón de actos...).

Podedes organizar un evento especial, por exemplo, o “Día das Ícaras”.

É moi importante que, mentres un grupo presenta, o resto do alumnado observe atentamente e atenda as representacións das compañeiras e compañeiros con mirada respectuosa e crítica.

Estade espertas e espertos, que mesmo pode que vos pidan intervir!

Lectura facilitada

Cada grupo vai amosar a súa creación diante do resto da clase.

Tamén pode ser que lla amosedes a toda a comunidade educativa.

Quizais se faga un acto nalgún espazo do centro.

Quizais na aula, na biblioteca ou no salón de actos.

Podedes organizar un evento especial.

Ese evento especial poderíase chamar o “Día das Ícaras”.

Mentres un grupo presenta todo o alumnado ten que observar atentamente.

É moi importante atender as representacións das compañeiras e compañeiros.

E facelo con mirada respectuosa e crítica.

Estade espertas e espertos por se vos piden intervir!

Peche simbólico: agradecer tamén é voar

Para rematar, cada grupo dedicará unha frase, palabra ou xesto simbólico a outro grupo.

Pode empezar así:

“As vosas ás inspíranme porque…”
“Aprendín de vós que…”
“O que máis me chegou da vosa proposta foi…”

Este xesto de recoñecemento forma parte da actividade e é tan importante coma a propia presentación.

Lectura facilitada

Ao acabar cada grupo dedicará unha palabra a outro grupo.

Tamén lle pode dedicar unha frase ou un xesto simbólico.

Pode empezar así:

“As vosas ás inspíranme porque…”
“Aprendín de vós que…”
“O que máis me chegou da vosa proposta foi…”
Este xesto de recoñecemento forma parte da actividade.

É moi importante.

Tan importante coma a propia presentación.

Avaliación dos sketchs

Agora é momento de valorardes con calma as vosas creacións. Non hai mellor premio ca a satisfacción do traballo feito e o recoñecemento das nosas compañeiras e dos nosos compañeiros.

Avaliación dos sketchs
 Fixémolo xenial!Saíunos bastante ben.Que deberiamos mellorar?Parece que nos faltou traballo...
ContidoSoubemos recoller no sketch todo o que queriamos contar, e o guión ten os elementos propios do xénero teatral. (2.5)En xeral subemos recoller no sketch todo o que queriamos contar, aínda que puidemos traballar un pouco máis o guión. (1.75)Ao sketch fáltanlle elementos propios do teatro e deberiamos mellorar o guión. Faltoulle calidade ao conxunto. (1.50)O sketch non tivo os elementos necesarios e faltoulle moito traballo ao guión. (1.25)
Uso da linguaCoidamos a dicción do texto oral. Ademais, o texto escrito non presenta erros gramaticais nin ortográficos. (2.5)Coidamos a dicción do texto oral, pero o texto escrito non presenta erros gramaticais nin ortográficos. (1.75)Poderiamos mellorar a dicción do texto oral. No texto escrito cometemos bastantes erros gramaticais ou ortográficos. (1.50)Sen dúbida, poderiamos mellorar tanto a dicción do texto oral coma a calidade do texto escrito, que tivo moitos erros. (1.25)
EnsaiosCoordinámonos ben durante os ensaios, compartimos propostas e cada unha das persoas do grupo aceptamos e aprendemos das suxestións de mellora das compañeiras e dos compañeiros. (2.5)Coordinámonos ben durante os ensaios e compartimos propostas, aínda que aos membros do grupo nos costou un pouco aceptar as suxestións de mellora das compañeiras e dos compañeiros. (1.75)Durante os ensaios faltounos coordinación entre os membros do grupo e custounos tanto compartir propostas coma aceptar as suxestións de mellora das compañeiras e dos compañeiros. (1.50)Non tivemos coordinación entre os membros do grupo nin xurdiu a oportunidade de facer propostas e suxestións de mellora. (1.25)
Posta en escenaDurante a posta en escena notouse que traballamos o guión e que tivemos boa coordinación durante os ensaios, o que contribuíu a crear expectación no público. (2.5)A posta en escena foi boa e notouse que tivemos boa coordinación durante os ensaios, a pesar dalgúns fallos, e o público estivo bastante atento. (1.75)A posta en escena tivo dificultades que reflectiron a falta de coordinación dos ensaios, e ao público custoulle manter a atención. (1.50)Non houbo unha boa posta en escena ou non a puidemos levar a cabo con éxito por mor da falta de coordinación dos ensaios. O público non prestou atención por culpa dos fallos da proposta. (1.25)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Avaliación dos sketchs (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

O teatro que xa coñecías (ou crías coñecer)

Estás na fase final do proxecto Ícaras: voa sen medo a caer.

Xa creaches, ensaiaches e compartiches unha escena que forma parte dun voo colectivo. Agora toca parar, mirar cara a dentro e pensar no camiño feito.

Esta actividade xudarache a poñer palabras, imaxes ou sons ao que aprendiches, sentiches e descubriches sobre ti e sobre o grupo ao longo de todo este proceso colectivo.

Escolle o formato que che vaia mellor para expresares o que levas dentro:

  • Un texto escrito
  • Un debuxo ou unha colaxe
  • Unha gravación de audio
  • Un vídeo curto

E plasma as sensacións e as emociónsque tiveches ao longo desta aventura!

A continuación, tes unha pequena guía que che vai axudar nesta reflexión.

1. O meu voo nesta fase

Pensa no teu papel dentro do grupo.

  • Que fixeches ti para que esta escena saíse adiante?
  • En que momento sentiches que estabas “voando”?
  • Houbo algo que che dese medo ou inseguridade?

Escribe ou representa:

  • Durante esta fase, sentinme libre cando…
  • Custoume máis cando…

2. O que me fai libre e o que me limita

Mira para o teu interior.

  • Que cousas te fan sentir libre cando creas ou traballas en grupo?
  • Que cousas te fan sentir atrapada ou atrapado e ter medo a equivocarte?

Completa ou transforma estas frases:

  • Síntome libre cando…
  • Sinto que me cortan as ás cando…

3. Algo novo que aprendín

Aprender non é só saber máis, tamén é mirar distinto.

  • Aprendiches algo novo sobre o teatro?
  • Aprendiches algo sobre o traballo en grupo?
  • Aprendiches algo sobre ti?

Expresa cun exemplo:

  • Antes pensaba que…
  • Agora decátome de que…

4. A forza da voz colectiva

Nesta obra, a túa voz xúntase coa das demais.

  • Que achega o grupo que non poderías facer só ou soa?
  • Como te sentiches ao formares parte dunha peza colectiva?

Reflexiona:

  • Cando traballamos xuntas e xuntos, sinto que…

5. “Voar sen medo a caer” para min significa…

Esta é a idea central de Ícaras.

Agora é túa.

  • Que significa hoxe para ti “voar sen medo a caer”?
  • En que parte da túa vida che gustaría atreverte máis?

 Exprésao libremente:

  • Pode ser unha frase, un debuxo, un símbolo, unha mensaxe falada ou un pequeno texto creativo.

6. Un recoñecemento

Para pechar esta reflexión, pensa noutra persoa ou grupo.

Completa esta frase (tamén a podes adaptar):

  • As ás de __________ inspíranme porque…

Lectura facilitada

Estás na fase final do proxecto Ícaras: voa sen medo a caer.

Xa creachesunha escena que forma parte dun voo colectivo.

Tamén a ensaiaches e a compartiches.

Agora toca pensar no camiño feito.

Dáste conta do que aprendiches, sentiches e descubriches?

En todo este proceso descubriches cousas sobre ti.

Tamén sobre o grupo.

Esta actividade axudarache a poñer palabras a todo iso.

Para expresar o que levas dentro podes escoller facer

  • un texto escrito
  • un debuxo ou unha colaxe
  • unha gravación de audio
  • un vídeo curto

E así poderás plasmar as túas sensacións e as túas emocións!

Aquí tes unha guía que che axudará a reflexionar:

1. O meu voo nesta fase

Pensa no teu papel dentro do grupo.

  • Como axudaches a facer a escena?
  • Sentiches nalgún momento que estabas “voando”?
  • Sentícheste inseguro ou insegura nalgún momento?

Escribe ou representa:

  • Sentinme libre cando…
  • Custoume máis cando…

2. O que me fai libre e o que me limita

Mira para o teu interior.

  • Sénteste libre cando creas ou traballas en grupo? Por que?
  • Que cousas te fan sentir atrapada ou atrapado?
  • Canto tes medo a equivocarte?

Completa ou transforma estas frases:

  • Síntome libre cando…
  • Sinto que me cortan as ás cando…

3. Algo novo que aprendín

Aprender non é só saber máis.

Aprender tamén é mirar distinto.

  • Aprendiches algo novo sobre o teatro?
  • Aprendiches algo sobre o traballo en grupo?
  • Aprendiches algo sobre ti?

Expresa cun exemplo:

  • Antes pensaba que…
  • Agora decátome de que…

4. A forza da voz colectiva

A túa voz xuntouse nesta obra coas das demais.

  • Que é o que non poderías facer sen o grupo?
  • Como te sentiches facendo unha obra colectiva?

Reflexiona:

  • Cando traballamos xuntas e xuntos, sinto que…

5. “Voar sen medo a caer” para min significa…

Esta é a idea central de Ícaras.

Agora é túa.

  • Cres que hoxe podes “voar sen medo a caer”?
  • En que parte da túa vida che gustaría atreverte máis?

 Exprésao libremente:

  • Podes expresalo escribindo unha frase.
  • Podes expresalo debuxando.
  • Podes expresalo cunha mensaxe falada.
  • Podes expresalo cun pequeno texto creativo.

6. Un recoñecemento

Para acabar, pensa noutra persoa ou grupo.

Completa esta frase (tamén a podes adaptar):

  • As ás de __________ inspíranme porque…

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Estás a piques de pechar esta aventura. Xa case aterramos no punto de destino.

Lembra que ao principio desta fase dixemos que o teatro sería un espazo seguro, no que ninguén voaría só.

Sentícheste segura ou seguro ao longo deste camiño?

Propoñémosche un exercicio de reflexión a partir dunhas palabras clave.

Son palabras que foron aparecendo e que, quizais, agora teñen un novo significado para ti. Son as seguintes:

  • medo
  • liberdade
  • igualdade

Pensa nestas palabras e responde, na fase 4 do teu diario de aprendizaxe, se ao longo desta aventura teatral fuches quen de perder medos e se sentes que gañaches liberdade. Séntete libre de responder afirmativa ou negativamente, e tamén de dicir o porqué.

Coma o teatro, este diario de aprendizaxe tamén debe ser un espazo de liberdade.

Lectura facilitada

Estás a piques de pechar esta aventura.

Xa case aterramos no punto de destino.

Lembra o que dixemos ao principio desta fase.

Dixemos que o teatro sería un espazo seguro.

O teatro sería un espazo no que ninguén voaría só.

Sentícheste segura ou seguro ao longo deste camiño?

Propoñémosche un exercicio de reflexión.

Vas reflexionar a partir dunhas palabras clave.

Son palabras que apareceron aquí.

Palabras que agora poden ter un novo significado.

Son as seguintes:

  • medo
  • liberdade
  • igualdade

Pensa nestas palabras.

Vas reponder unhas preguntas na fase 4 do teu diario de aprendizaxe.

  • Perdiches medos ao longo desta aventura teatral?
  • Sentes que gañaches liberdade?

Non teñas medo de responder.

Responde libremente.

Este diario de aprendizaxe tamén debe ser un espazo de liberdade.

Coma o teatro.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)