Saltar navegación

3.3. Cousas que nos axudan a mellorar

Voando coma abellas...

Pictograma dunha abella amarela e negra

Algunha vez observaches as abellas?

Que sabes destes insectos?

Aínda que non o creas, podemos aprender moito destes animais.

As abellas son moi importantes para transmitir o pole.

Elas tamén precisan das flores para alimentaren as crías.

Ademais fabrican o mel. Que saboroso!

Co mel fanse produtos alimenticios, cosméticos, decorativos...

Fan o seu traballo paseniño.

Ademais, o seu labor en grupo está moi organizado.

Ás veces poden atopar dificultades nas súas tarefas...

Pero non se renden...

Que che parece se nos inspiramos nelas?

A continuación, atoparás outro desafío máis. 

Vas achegarte a varios complementos da oración.

Este é un chanzo máis para elaborar o sketch.

Se prestas atención, será moi doado!

Apoio visual

Imaxe dun mapa resumo a cores

Os complementos da oración

Neste apartado veremos algúns complementos da oración.

De momento só veremos a oración simple.

Que é unha oración simple?

Simple quere dicir sinxela, con poucas cousas.

A oración simple só ten un verbo conxugado.

É dicir, que ten o verbo en forma persoal.

Exemplo: Sabela le un libro.

Nesta oración só hai un verbo conxugado.

O verbo "ler" aparece conxugado: Sabela "le".

Imos explicar tres complementos da oración:

  • O atributo
  • O complemento predicativo
  • O complemento axente

O atributo

O atributo é un complemento que expresa calidade ou estado.

Iso significa que o atributo nos di como é o suxeito.

Tamén nos pode dicir como está.

Únese ao suxeito a través dun verbo copulativo.

Os verbos copulativos son ser, estar e parecer.

O atributo concorda en xénero e número co suxeito.

Exemplo: Elas son marabillosas.

O atributo é marabillosas.

O complemento predicativo

O complemento predicativo parécese ao atributo.

A diferenza está en que aparece con verbos que non son copulativos.

Os verbos que non son copulativos infórmannos das accións que fai o suxeito.

Tamén concorda en xénero e número co suxeito.

Exemplo: Eles chegaron cansos.

O complemento predicativo é cansos.

Cansos é predicativo porque nos di como están eles.

Tamén nos di como chegaron.

O complemento predicativo informa sobre o verbo e sobre o suxeito.

O complemento axente

O complemento axente é un complemento da oración pasiva.

Nas oracións pasivas o suxeito recibe a acción do verbo en vez de realizala.

Esta función marca quen realiza a acción na oración.

Exemplo: A festa foi organizada pola madriña.

O complemento axente é pola madriña.

Lectura facilitada

Neste apartado veremos algúns complementos da oración.

Imos centrarnos só na oración simple.

Pero que é unha oración simple?

A oración simple é unha oración que só ten un verbo conxugado.

É dicir, que ten o verbo en forma persoal.

Exemplo: Sabela le un libro.

Así, na anterior oración o único verbo conxugado é le.

Explicaremos estas tres funcións:

  • Atributo
  • Complemento predicativo
  • Complemento axente

Atributo

O atributo é un complemento da oración que expresa calidade ou estado.

Relaciónase co suxeito a través dun verbo copulativo (ser, estar  ou parecer).

O atributo concorda en xénero e número co suxeito.

Exemplo: Elas son marabillosas.

O atributo é marabillosas.

Complemento predicativo

O complemento predicativo é un complemento da oración semellante ao atributo.

A diferenza está en que aparece con verbos que non son copulativos.

Tamén concorda en xénero e número co suxeito.

Exemplo: Eles chegaron cansos.

O complemento predicativo é cansos.

Complemento axente

O complemento axente é un complemento da oración pasiva.

A oración pasiva chámase así porque non é activa.

Na oración activa o suxeito fai a acción.

Pero na oración pasiva o suxeito recibe a acción.

O complemento axente é o que nos di quen fai a acción.

Exemplo: A festa foi organizada pola madriña.

O complemento axente é pola madriña.

A madriña é quen organiza a festa.

Nas oracións pasivas o suxeito convértese nun complemento axente.

Indica se é verdadeiro ou falso

Pregunta

Na oración Ela é moi alegre, o complemento moi alegre é un complemento predicativo.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Retroalimentación

Pregunta

Na oración Elas foron recibidas polas autoridades, polas autoridades é un complemento axente.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Retroalimentación

Pregunta

Na oración As nenas espertaron moi cedo, moi cedo é un atributo.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Retroalimentación

Pregunta

Na oración Chegou canso á casa, canso é un complemento predicativo.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Retroalimentación

Pregunta

Na oración A casa foi deseñada pola arquitecta, pola arquitecta é un complemento predicativo.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Retroalimentación

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaÁs veces sentímonos coma Lía e Ana: con ganas de voar, pero con medo a caer.

Outras, descubrimos que a liberdade non está tan lonxe como pensabamos.

Para un intre e pensa en ti, reflexiona con calma nas seguintes preguntas:

  • Que cousas te fan sentir libre?
  • Que situacións, persoas ou pensamentos che fan sentir atrapada ou atrapado?
  • Aprendiches algo hoxe que che axude a ver o mundo doutra maneira?
  • Non hai respostas correctas nin incorrectas: só o que sentes da túa propia experiencia. 

E agora, escolle unha das seguintes opcións para expresares o que sentes:

Opción A. Escribir

Escribe un pequeno texto (5–10 liñas) no que expliques que significa para ti  “voar sen medo a caer”.

Opción B. Debuxar

Debuxa unha imaxe que represente a túa liberdade ou os teus medos.
Engade unha frase curta que axude a entender o debuxo.

Opción C. Gravar

Grava unha mensaxe curta (30–60 segundos) explicando que che axuda a sentirte libre e por que.

Lectura facilitada

Ás veces sentímonos coma Lía ou coma Ana.

Temos gana de voar.

Pero tamén nos dá medo caer.

Outras veces descubrimos que a liberdade non está tan lonxe.

Dámonos conta de que a temos moi preto.

Para un momento e pensa en ti.

Agora vas expresar o que sentes.

Escolle unha das seguintes opcións para expresalo:


Opción A. Escribir


Escribe un pequeno texto.

Non ten que ter máis de 5 ou 10 liñas.

Explica que significa para ti voar sen medo a caer.


Opción B. Debuxar


Debuxa unha imaxe que represente a túa liberdade.

Esa imaxe tamén pode representar os teus medos.

Podes explicar un pouco o debuxo escribindo unha frase curta.

Podes escribir esta frase ao lado ou por baixo do debuxo.


Opción C. Gravar


Pensa nas cousas que che axudan a sentirte libre.

Grava unha mensaxe curta explicando que é o que te fai sentir libre.

A mensaxe non ten que ter máis de 30 ou 60 segundos.

Podes explicar tamén por que motivo te fai sentir libre.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)