Canteira de guionistas

A finalidade deste reto é, como xa dixemos, que representedes sketchs.
Para conseguir logralo é importante saber redactar ben o guión.
Un bo guión fará que poidades conectar mellor co público.
Canto máis claro quede o guión do sketch, máis doado será representalo.
Para iso, ímonos centrar agora nas propiedades textuais.
Neste apartado ides aprender a mellorar e enriquecer os vosos escritos.
Se prestades atención, podedes elaborar un guión de moita calidade.
Ánimo, guionistas!
Lectura facilitada
Xa sabedes que neste reto hai que representar sketchs.
É moi importante redactar un bo guión para cada sketch.
Sen un bo guión non vai saír ben!
Un bo guión tamén fai que o público conecte mellor co sketch.
Para iso ten que ser un guión moi claro.
Canto máis claro sexa, máis fácil será representalo.
Para axudarvos, agora coñeceremos as propiedades textuais.
Se coñecedes as propiedades textuais poderedes mellorar os vosos textos.
Prestade atención e faredes un guión boísimo!
Ánimo, guionistas!
Audio
Apoio visual


