Saltar navegación

2.1 Aprendendo a voar

 

Glosario

Comedia

Pictograma con dous monicreques pelexándoxe nun teatro
 

Definición:

Obra de teatro de carácter cómico pensada para facer rir e que ten un desenlace feliz.

Exemplo:

O teatro de monicreques, feito con figuriñas ou bonecos, normalmente representa comedias.

Drama

Pictograma dunha actriz e un actor actuando

Definición:

Obra de teatro de carácter serio na que os personaxes son persoas normais e correntes e as situacións son realistas.

Exemplo:

Nese drama aos personaxes pasábanlles desgrazas que nos poderían pasar a calquera de nós.

Teatro didáctico

Pictograma dun actor e unha actriz actuando

Definición:

O teatro didáctico serve para transmitir ensinanzas ou coñecementos ao público.

Exemplo:

Avilés de Taramancos escribiu unha obra de teatro na que explica a historia da lingua galega.

Traxedia

Pictograma dun actor actuando

Definición:

Obra de teatro de carácter serio que ten un desenlace fatal. Os personaxes pertencen ás clases altas da sociedade.

Exemplo:

O actor representa o papel de príncipe de Dinamarca na traxedia de Hamlet.

Traxicomedia

Pictograma que fasi referencia a varios actores

Definición:

Nunha traxicomedia aparecen situacións dramáticas pero con notas de humor polo medio.

Exemplo:

A obra era moi triste, pero os personaxes dicían frases que nos facían rir.

Atréveste cos xéneros teatrais?

No seguinte xogo de parellas poderás relacionar algúns fragmentos moi breves de obras de teatro da literatura galega co tipo de xénero teatral ao que pertencen.

Cada unha desas frases está dita por algún personaxe e forma parte dun diálogo.

Le detidamente o fragmento e pensa se se corresponde cunha traxedia, unha comedia, un drama ou cun fragmento de teatro didáctico.

Coidado: non é sinxelo!

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

No seguinte xogo de parellas poderás relacionar algúns fragmentos moi breves de obras de teatro da literatura galega co tipo de xénero teatral ao que pertencen.

\n

Cada unha desas frases está dita por algún personaxe e forma parte dun diálogo.

\n

Le detidamente o fragmento e pensa se se corresponde cunha traxedia, unha comedia, un drama ou cun fragmento de teatro didáctico.

\n

Coidado: non é sinxelo!

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"%22CORO%3A%20O%20tema%20das%20d%C3%BAas%20horas%20desta%20obra%20de%20teatro%20ser%C3%A1%20o%20seu%20amor%20marcado%20pola%20morte%2C%20e%20a%20morte%20ser%C3%A1%20o%20%C3%BAnico%20que%20por%C3%A1%20fin%20%C3%A1%20furia%20dos%20seus%20pais.%22","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"TRAXEDIA"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"%22MANUEL%3A%20Un%20nicho.%20Pero%20non%20quero%20morrer%20aqu%C3%AD.%20Tampouco%20no%20hospital.%20(Pausa)%20Vou%20morrer%2C%20Mar%C3%ADa.%20Vou%20morrer.%22","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"DRAMA"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"%22A%20VELLI%C3%91A%3A%20Despois%20de%20Curros%2C%20Rosal%C3%ADa%20e%20Pondal%2C%20vi%C3%B1eron%20moitos%20m%C3%A1is%3A%20Leiras%20Pulpeiro%2C%20Cabanillas%2C%20Manuel%20Antonio%2C%20%C3%81lvaro%20Cunqueiro...%22","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"TEATRO%20DID%C3%81CTICO"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"MENDIGO%3A%20Cami%C3%B1e%2C%20ladre%20e%20cami%C3%B1e...%20SE%C3%91ORA%3A%20(Despraza%CC%81ndose%20a%20catro%20patas)%20Whoff%2C%20Whoff%2C%20Wof.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"COMEDIA"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"%3Cp%3ECantos%20acertaches%3F%3C/p%3E%0A%3Cp%3ENo%20despregable%20que%20hai%20a%20continuaci%F3n%20poder%E1s%20descubrir%20a%20que%20textos%20pertencen%20estes%20fragmentos%20e%20entender%E1s%20mellor%20a%20clasificaci%F3n%20por%20x%E9neros.%3C/p%3E%0A%3Cp%3EE%20non%20queiras%20facer%20trampa%3A%20se%20miras%20o%20despregable%20antes%20de%20faceres%20este%20xogo%2C%20aparecer%E1seche%20Hamlet%20coa%20caveira%20na%20man%20e%20levarate%20con%20el%21%3C/p%3E","version":1.3,"percentajeCards":90,"type":1,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":true,"evaluationID":"12345","id":"202512419523-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comeza a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}

Cantos acertaches?

No despregable que hai a continuación poderás descubrir a que textos pertencen estes fragmentos e entenderás mellor a clasificación por xéneros.

E non queiras facer trampa: se miras o despregable antes de faceres este xogo, apareceráseche Hamlet coa caveira na man e levarate con el!

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Escolle un

A continuación poderás ler as intervencións dos personaxes do xogo anterior inseridas nos seus diálogos.

Eses diálogos son, á súa vez, fragmentos dunha obra máis ampla, pero serven para ver algunha das características dos subxéneros teatrais.

Cal delas che gustaría ler enteira?

Se che interesa, consulta o catálogo da biblioteca do teu instituto para ver se a tedes dispoñible. E, se non está e a queres ler, pídella á persoa responsable da biblioteca!

Romeo e Xulieta, de William Shakespeare

Retrato de William Shakespeare

Dúas casas da mesma dignidade

na fermosa Verona, onde situamos a nosa escena,

retoman unha nova loita por causa dun vello resentimento

e manchan de sangue as mans dos cidadáns.

Dos corpos fatais deses dous inimigos

cobraron vida uns amantes de destino adverso

que enterrarán a loita dos pais coa súa propia morte.

O tema das dúas horas desta obra de teatro

será o seu tráxico amor marcado pola morte,

e a morte será o único que porá fin á furia dos seus pais.

Escoitádenos atentamente. Nós tentaremos

reparar os defectos desta obra co noso esforzo.

William Shakespeare, Romeo e Xulieta.



Tres capitáns de tempos idos, Antón Avilés de Taramancos

Añón: Eu chámome Francisco Añón, e nacín aquí preto, na aldea de Boel.
Á miña nai Galiza deixárona muda hai trescentos anos, pero eu vou erguer a súa voz. Voulle devolver a súa fala. Sei que vou pasar traballos, desterros e prisións, e quen sabe se non terei que morrer de fame...
Pero xa é tempo de saír da escuridade.
Adiante, pois eu son o primeiro dos Precursores.
Despois de min han de vir tantos.
Xa estou soñando con Rosalía, Curros, Pondal... Que tempo tan plácido chegará en que todos falen galego e ninguén se avergoñe da súa nai!...

A velliña: ¡Ai, meu fillo, meu fillo!
Devolvésteme a voz, devolvésteme o meu cantar. Cantos traballos pasaches, meu Francisco Añón, pero o teu sacrificio non foi inútil. Despois de ti viñeron moitos que me defenderon e me honraron. Pero tamén houbo moitos que riron de min.
Despois de Curros, Rosalía e Pondal, viñeron moitos máis: Leiras Pulpeiro, Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro...
Son tantos os que coidaron as feridas da súa nai!
Agora xa ninguén se avergoña de min nin da miña fala.
Non é certo, rapaces?

Antón Avilés de Taramancos (2003), Tres capitáns de tempos idos. Editorial Xerais.

Ladraremos, de Gustavo Pernas Cora

Retrato de Gustavo Pernas Cora

MENDIGO: Será libre cando ladre...

SEÑORA: Non me enganará outra vez?

MENDIGO: Eu non a enganei nunca... foi o primeiro que lle dixen... Lembra? Dígallelo ós cans... ladrando.

SEÑORA: Debín de empezar por aí, non?

MENDIGO: Aínda está a tempo... a eles gustaralles...

MENDIGO: (Con decisión) Apréndame.

MENDIGO: Axeónllese!

SEÑORA: (Obedece e colócase na posición de rezar) Meu Deus!

MENDIGO: Así está á altura dos cans... Veña!, a cabeza cara adiante... así... pero non mire de fronte... só miran de fronte para pelexar...

SEÑORA: Se non os vexo...

MENDIGO: Pois agache un pouco a cabeza por se acaso... A catro patas... iso é... o cu, señora, érgao...

SEÑORA: O cu?

MENDIGO: Dese xeito parece que ten medo...

SEÑORA: (Desconfiada) E é certo!

MENDIGO: ... Que ten o rabo entre as pernas.

SEÑORA: Eu non teño rabo. (Ofendida, levantándose)

MENDIGO: Todo ao seu tempo...

SEÑORA: Non me sairá rabo, verdade...? Eu non quero...

[...]

MENDIGO. Whoff, Whoff! Repítao.

SEÑORA: (Timidamente, con sensación de ridículo). Whoff, Whoff

MENDIGO: Máis forte!

SEÑORA: Whoff, Whoff... Non se inmutan.

MENDIGO: Non faga iso... son moi susceptibles. Con ese marcado acento humano, parece que se burla deles... Mova o rabo!

[...]

SEÑORA: Whoff.

MENDIGO: Mellor, outra vez...

SEÑORA: Whoff.

MENDIGO: Con seguridade!

SEÑORA: Whoff, Whoff...

MENDIGO: [...] Camiñe, ladre e camiñe...

SEÑORA: (Desprazándose a catro patas) Whoff, Whoff, Wof.

Soan ladridos de cans.

MENDIGO: Sen medo... máis rápido... Woof, Wo, Guau...!

SEÑORA: (Entusiasmándose ó escoitar os cans) Whoff, Guau, Guau!

MENDIGO: Iso é, estupendo...

SEÑORA: Estanme entendendo?

MENDIGO: Si.

SEÑORA: Que lles dixen?

MENDIGO: (Disimulando) Algo así como «Ola!, son a vosa amiga».

Gustavo Pernas Cora (2000), Ladraremos. Editorial Xerais.

Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa

MANUEL: Xa había anos que non poñía este traxe. Era o dos festivos. Cres que cheira demasiado a naftalina?

MARÍA: Non.

MANUEL: Sabes, María, nunca fixen testamento. Nunca pensei que ía morrer. E se che dixese que gardo todo nos calcetíns?

MARÍA: Que iso non se fai. As cousas gárdanse nos armarios, nos caixóns... Despois levo eu as culpas da desorde.

MANUEL: Falo de cartos, María. Anulei a miña conta. Vendín pouco a pouco todo o que tiña. Téñoo todo comigo. (Mirando arredor) E hoxe paguei o último prazo deste lugar sinistro.

MARÍA: Que sorte, vas morrer en propiedade.

MANUEL: Sorte?

MARÍA: Non todo o mundo ten unha casa de seu.

MANUEL: Esta non é unha casa, María.

MARÍA: (Mirando arredor) E logo, que é?

MANUEL: Un nicho. Pero non quero morrer aquí. Tampouco no hospital. (Pausa) Vou morrer, María. Vou morrer.

MARÍA: Todos imos morrer, Manuel. (Sinalando o reloxo cun movemento de cabeza) O tempo non perdoa a ninguén.

MANUEL: É ese reloxo o que non perdoa. O que o fabricou debeu de quedar aliviado cando se desfixo del.

MARÍA: (Rindo) Sí.

MANUEL: (Míraa sorrinte, soñador) María, ti máis eu poderiamos fuxir cos meus calcetíns, marchar lonxe, perdernos no mundo que palpita aí fóra, quente, agardando por nós.

MARÍA: Xa non vas morrer?

MANUEL: Por pasar uns días durmindo debaixo das estrelas pedirei unha prórroga.

MARÍA: Debaixo das estrelas?

MANUEL: No teu balcón. Deixarásme durmir no teu balcón?

MARÍA: Non teño. Era un soño.

MANUEL: Si, si que tes. Agarda por min.

María encolle os ombros e agarda. Manuel vai abrir a caixa de maquinaria do reloxo.

MARÍA: Ah...

Manuel forza o reloxo.

MARÍA: Que duro está!

O reloxo acaba rompendo.

MARÍA: (Levando as mans á boca) Ah!

MANUEL: Que se lle vai facer. (Manuel saca unha chea de calcetíns de cores de dentro do reloxo) Axúdame, María. (Silencio) María. (María ficou quedada mirando para o reloxo, como agardando algo) María, que fas?

MARÍA: Eh?

Teresa González Costa (2009), Sempre quixen bailar un tango. Editorial Xerais.

Lectura facilitada

Agora vas ler o que din os personaxes do xogo anterior.

O que cada un di é unha intervención.

Cada unha desas intervencións están dentro dos diálogos.

É dicir, o que din cando falan con outros personaxes.

Estas conversas dos personaxes son anacos dunha obra máis extensa.

Sérvennos para ver algunhas das características dos distintos tipos de teatro.

Cada un dos tipos de teatro chámase subxénero teatral.

Cal destas obras che gustaría ler enteira?

Podes ver se a obra que che interesa está na biblioteca do teu instituto.

E, se non está, pódeslla pedir á persoa responsable da biblioteca!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)