Saltar navegación

1.1 E ti, a que lle terías medo se puideses voar?

 

Glosario

Á

Pictograma dunhas máscaras de teatro

Definición:

Unha á é cada un dos membros do corpo que as aves usan para voar. En galego pódese dicir "á" ou "ala" e, polo tanto, podemos dicir que un paxaro ten dúas "ás" ou dúas "alas".

Exemplo:

As ás das aves están cubertas de plumas.

Ícaro

Pictograma da mitoloxía grega

Definición:

Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Dédalo. Fuxiu do labirinto voando coa ás feitas de plumas e cera, pero achegouse demasiado ao sol e a cera derreteuse e caeu ao mar.

Exemplo:

Comportouse como Ícaro, arriscando máis do que podía soportar.

Voar sen límites

Pictograma de voar en ala delta.As protagonistas da obra, Lía e Ana, van xuntarse cun obxectivo común: poder voar.

Supoñede que, igual ca Ícaras, tedes as vosas propias ás.

Se puidésedes voar sen límite… ata onde iriades?

Que camiños percorreriades?

Que nube romperiades primeiro?

Que lugar vos gustaría explorar?

Que debuxariades no ceo?

A quen visitariades?

Que trasnada fariades?

Duración: 10 minutos.  Agrupamento: 3 – 4 persoas.

Esta actividade convídavos a que vos expresedes libremente na aula.

Podedes compartir as vosas ideas e pensamentos co resto da clase.

Lectura facilitada

As protagonistas da obra son Lía e Ana.

Elas as dúas xúntanse cun obxectivo común.

O seu obxectivo é poder voar.

Pensade que tedes as vosas propias ás.

Ata onde iriades se puidésedes voar?

Que camiños percorreriades?

Que nube romperiades primeiro?

Que lugar vos gustaría explorar?

Que debuxariades no ceo?

A quen visitariades?

Que trasnada fariades?

Expresádevos libremente!

Podedes compartir as vosas ideas e pensamentos co resto da clase.

E que é un sketch?


Pictograma dunha cara rindo con bágoasO noso proxecto consiste en elaborar sketchs. Pero que é un sketch?

Trátase dunha escena curta que busca facer rir. Polo tanto, é unha escena cómica.

No sketch van actuar poucas persoas.

Imos facer varios sketchs a partir da obra Ícaras.

Para deseñar un sketch hai varios pasos:

  • Pensar a idea principal, cal vai ser o conflito da historia.
  • Escoller quen van ser os personaxes.
  • Decidir o tempo que dura a historia (minutos, horas...).
  • Elaborar o guión. 
  • Escoller cal vai ser o escenario.
  • Decidir o vestiario dos personaxes.
  • Ensaiar para practicar que  saia ben.
  • Por último, representar o sketch!

Ides escachar coa risa! 

Lectura facilitada

O noso proxecto consiste en elaborar un sketch.

Sabes o que é un sketch?

Un sketch é unha escena curta.

Ademais é unha escena que busca facer rir.

Por tanto, é unha escena cómica.

No sketch actúan poucas persoas.

Imos facer varios sketchs a partir da obra Ícaras.

Para deseñar un sketch hai varios pasos:

  • Pensar a idea principal.
  • Pensar cal vai ser o conflito da historia.
  • Escoller quen van ser os personaxes.
  • Decidir canto dura a historia.
  • Elaborar o guión.
  • Escoller cal vai ser o escenario.
  • Decidir o vestiario dos personaxes.
  • Ensaiar para que saia ben.
  • E representar o sketch!

Ides escachar coa risa! 

Deixa voar a túa imaxinación...

Pictograma dun cadernoAs miñas ás

Antes de comezar a nosa viaxe por Ícaras, imos abrir as nosas propias ás mentais e emocionais. Este diario convídate a pensar en ti, no que te move, no que te empurra cara adiante… e tamén no que ás veces te frea.

Pensa en algo que che gustaría facer, pero que non sempre te atreves a facer.
Que é o que te fai voar? A imaxinación, a aventura, as persoas que te inspiran, o desexo de aprender…
E que cousas che dan medo e te fan caer? Quedar atrás, equivocarte, a mirada dos demais…

Podes expresar as túas respostas:

  • redactando un pequeno texto
  • escribindo un poema
  • facendo un debuxo
  • gravando un audio coa túa propia voz
  • ou doutro modo creativo que se che ocorra

Esta actividade é unha resposta libre, un espazo só teu. Serve para comezar a espertar a creatividade, a sensibilidade e a confianza necesarias para emprenderes a túa propia viaxe teatral.

A palabra á/ala en galego acepta dúas posibilidades. Ademais, o seu plural é ás/alas. Podes comprobar todo isto no 1.- á -> dicionario da RAG e no 2.- ala -> dicionario da RAG.

Lectura facilitada

Tes que abrir as alas antes de comezar a viaxe.

Sabes que tes alas mentais e emocionais? Ábreas e pensa en ti!

Pensa no que te fai avanzar.

Ou no que ás veces te frea.

Pensa en algo que che gustaría facer.

Pensa tamén no que non te atreves a facer

Hai outras preguntas moi interesantes:

Que é o que te fai voar? A imaxinación ou outras persoas?

Que é o que che dá medo? E o que te fai caer?

Tes medo de quedar atrás ou de equivocarte?

Agora imaxina tes as túas propias ás.

Se puideses voar sen límites, ata onde irías?

Que camiño escollerías?

Tes varias maneiras de responder a estas preguntas:

Podes redactar un texto

ou escribir un poema

ou facer un debuxo

ou gravar un audio

ou de calquera outra maneira!

Séntete libre para responder esta actividade como queiras!

Aquí comeza a túa propia viaxe teatral!

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

As miñas ás

Antes de comezar a nosa viaxe por Ícaras, imos abrir as nosas propias ás mentais e emocionais. Este diario de aprendizaxe convídate a pensar en ti, no que te move, no que te empurra cara adiante… e tamén no que ás veces te frea.

  • Pensa en algo que che gustaría facer, pero que non sempre te atreves a facer.
  • Que é o que te fai voar? A imaxinación, a aventura, as persoas que te inspiran, o desexo de aprender…
  • E que cousas che dan medo e te fan caer? Quedar atrás, equivocarte, a mirada dos demais…

Esta actividade é unha resposta libre, un espazo só teu. Serve para comezar a espertar a creatividade, a sensibilidade e a confianza necesarias para emprenderes a túa propia viaxe teatral.

A palabra á/ala en galego acepta dúas posibilidades. Ademais, o seu plural é ás/alas. Podes comprobar todo isto no 1.- á -> dicionario da RAG e no 2.- ala -> dicionario da RAG.

Lectura facilitada

Tes que abrir as alas antes de comezar a viaxe.

Sabes que tes alas mentais e emocionais? Ábreas e pensa en ti!

Pensa no que te fai avanzar.

Ou no que ás veces te frea.

Pensa en algo que che gustaría facer.

Pensa tamén no que non te atreves a facer

Hai outras preguntas moi interesantes:

Que é o que te fai voar? A imaxinación ou outras persoas?

Que é o que che dá medo? E o que te fai caer?

Tes medo de quedar atrás ou de equivocarte?

Agora imaxina tes as túas propias ás.

Se puideses voar sen límites, ata onde irías?

Que camiño escollerías?

Tes varias maneiras de responder a estas preguntas:

Podes redactar un texto

ou escribir un poema

ou facer un debuxo

ou gravar un audio

ou de calquera outra maneira!

Séntete libre para responder esta actividade como queiras!

Aquí comeza a túa propia viaxe teatral!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)