| Título |
Operación viñeta! |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 —dun total de 6— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2.º ESO de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques de contido do currículo de 2.º da ESO da materia de Lingua Galega e Literatura. Estes céntranse nos procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais; na lectura autónoma; e na lectura guiada. Ademais de contidos relacionados co funcionamento do sistema lingüístico, de índole semántico, sintáctico, morfolóxico e gramatical. Tamén busca incorporar estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais, motivadoras que requiran distintos niveis de dificultade. O reto consiste en facer un cómic así como na gravación do proceso de creación do mesmo. Neste REA, o alumnado elaborará de maneira colaborativa a súa propia banda deseñada. Terá que decidir se creala de cero ou adaptar un texto xa existente, deseñar un guión, dividilo en viñetas, aplicar os elementos e características do cómic, elaborar a súa versión definitiva e gravar todo o proceso. Ademais disto, achegarase á historia e situación da banda deseñada galega e converterase en corrector ou correctora de textos doutras persoas da clase. |
| Persoas elaboradoras |
Laura Balboa Aira Eva González Álvarez Tamara Rial Montes |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Operación viñeta!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
