Somos artistas!
Imaxinas crear un cómic e gardalo nun caixón para que ninguén o vexa?
Ou dedicar horas a debuxar, escribir e planificar unha historia que nunca se comparta con outras persoas?
Sería unha obra incompleta, porque as historias tamén precisan lectores. O mesmo ocorre cos cómics que creastes neste reto, chegou o momento de expoñelos!
Ademais, tamén ides expoñer o voso making off, é dicir, o vídeo con todo o proceso de creación para que os vosos compañeiros e compañeiras vexan o traballo que hai detrás de cada páxina!
Modalidade A: se creastes o voso cómic en papel poderedes achegalo aos vosos compañeiros e compañeiras como se dunha publicación nunha libraría se tratase.
Modalidade B: se escollestes a creación dixital poderedes presentala mediante a aula virtual habilitada para que os vosos compañeiros e compañeiras accedan á banda deseñada.
Lectura facilitada
Imaxinas crear un cómic e gardalo nun caixón e que ninguén o vexa?
Ou pasar horas debuxando e escribindo unha historia e non ensinarlla a ninguén?
Sería unha historia incompleta. As historias precisan persoas que as lean.
Agora chegou o momento de ensinar o voso cómic.
Tamén tedes que compartir o voso making off: o vídeo de todo o proceso de creación.
Así o resto de persoas entenderán todo o traballo que fixestes.
Tedes dúas opcións:
- Modalidade A. Se fixestes o cómic en papel:
- Podedes amosalo á clase, como un libro.
- Modalidade B. Se fixestes o cómic en formato dixital:
- Podedes compartilo na aula virtual.
