Agora que xa observastes os cómics do resto de equipos da clase, tócavos avalialos, demostrando a vosa experiencia neste tipo de producións. En equipo, valorade do 1 (perfectamente acadado) ao 3 (non acadado) cada un dos criterios da seguinte táboa:
Rúbrica individual - valoro a miña participación.| | Foiche xenial porque... | Custouche un pouco porque... | Debes mellorar porque... |
|---|
| Na comprensión da creación da banda deseñada | Entendiches todos os pasos para acadar o reto final e o seu propósito. (2.5) | Entendiches todos os pasos para acadar o reto final, mais non o seu propósito. (1.50) | Non entendiches os pasos do reto nin a súa finalidade. (1.25) |
|---|
| Na elaboración do guión e a exposición do cómic | Achegaches ideas orixinais na elaboración do guión e a exposición do cómic. (2.5) | Achegaches algunha idea na elaboración do guión mais non no making off do cómic. (1.50) | Non achegaches ideas nin para o guión nin para a exposición. (1.25) |
|---|
| Nos pasos a seguir para o deseño do cómic | Realizaches ben as actividades individuais e colectivas propostas para acadar o reto. (2.5) | Realizaches con bastantes erros as actividades individuais e colectivas propostas para acadar o reto. (1.50) | Non realizaches a maior parte das actividades individuais e colectivas propostas para acadar o reto. (1.25) |
|---|
| No traballo en equipo | Participaches activamente no desenvolvemento da banda deseñada e colaboraches cos teus compañeiros/as en todo momento. (2.5) | Participaches no desenvolvemento da banda deseñada e colaboraches cos teus compañeiros/as ás veces. (1.50) | Participaches ás veces no desenvolvemento da banda deseñada e apenas colaboraches cos teus compañeiros/as. (1.25) |
|---|
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica individual - valoro a miña participación. (CC BY-NC-SA)
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela