Saltar navegación

4. No ronsel das pistas

Non hai tempo que perder

imaxe duns lapis de cores.

Despois do camiño que acabas de percorrer, xa tes todas as ferramentas para facer a mellor das bandas deseñadas: a túa! Polo tanto, agora si que chegou o momento da verdade: é hora de que te xuntes co teu equipo e que comecedes a darlle forma á vosa creación.

A partir deste momento, seredes debuxantes e historietistas; verdadeiros creadores e creadoras de cómics. Pon atención a cada un dos pasos que atoparás a continuación, e comeza o camiño polo principio. 

A crear!

Lectura facilitada

Despois do camiño que percorriches,
xa tes todas as ferramentas
para facer a mellor banda deseñada: a túa.

Agora chegou o momento da verdade.
É hora de que te xuntes co teu equipo
e comecedes a darlle forma á vosa creación.

A partir de agora,
seredes debuxantes e historietistas,
verdadeiros creadores e creadoras de cómics.

Pon atención a cada paso
que atoparás a continuación.
Comeza o camiño polo principio.

A crear!

Como se fai?

pictograma dunha cámara de vídeo.Lembrar todo non é doado; por iso vas gravar, xunto co teu equipo, cada un dos pasos da realización do cómic. Co tema xeral xa decidido, ides botar a andar co traballo máis preciso baseado en debuxar e escribir, sexa á man ou con algunha outra ferramenta. De tódolos pasos que deades a partir deste momento teredes que facer vídeos que logo montaredes empregando a aplicación Openshot.

A continuación, tedes os pasos a seguir para que nada escape e quede un vídeo do making off ben completo que facilite a exposición do reto.

  1. Premede en "crear novo proxecto" e nomeádeo.
  2. Importade todos os materiais que fostes filmando.
  3. Colocade os distintos vídeos na liña do tempo.
  4. Engadide o texto que consideredes xunto coas transicións máis precisas.
  5. Revisádeo e exportádeo para finalizar.

Lectura facilitada

Lembrar todo non é fácil. Por iso, vas gravar os pasos da creación do cómic.

Xa decidiches o tema co teu equipo.

Agora comeza o traballo de debuxar e escribir. Poderedes facelo á man ou dixitalmente.

A partir de agora, gravaredes vídeos de todo o proceso.

Despois, montaredes eses vídeos coa aplicación Openshot.

Seguide estes pasos:

  1. Creade un novo proxecto e ponlle un nome.
  2. Gardade no ordenador todos os vídeos que gravaches.
  3. Colocade os vídeos na liña do tempo.
  4. Acompañádeos de textos e transicións.
  5. Revisade o vídeo final.
  6. Exportádeo para rematar.

Rúbrica do reto da banda deseñada

Sabes o que é unha rúbrica? Trátase dun instrumento de avaliación que vos vai axudar a elaborar o voso cómic. Por medio desta rúbrica poderedes: 1. Saber cales son os aspectos a acadar no reto. 2. Ter claros os criterios de avaliación. 3. Ter unha avaliación xusta e transparente. 4. Autoavaliarvos a medida que ides avanzando. 5. Acadar a máxima calidade no traballo. Non perdas de vista a rúbrica e vai marcando nela a consecución de cada un dos pasos.

Rúbrica do reto da banda deseñada
 Nivel - AcadadoNivel - MellorableNivel - Non acadadoNivel - Non valorable
O guión contén todos os apartados indicados. O guión contén todos os apartados indicados para o cómic. (1)O guión contén case todos os apartados indicados para o cómic. (0.7)O guión contén soamente algúns dos apartados indicados para o cómic. (0.4)O guión non contén os apartados indicados para o cómic. (0.1)
O guión inclúe a división en viñetas, así como os acontecementos que se darán en cada unha. O guión inclúe a división en viñetas, así como os acontecementos que se darán en cada unha. (1)O guión inclúe a división en viñetas, pero non especifica todos os acontecementos que se darán. (0.7)O guión inclúe soamente a división en viñetas. (0.4)O guión non inclúe nin a división en viñetas nin os acontecementos que se darán nelas. (0.2)
A redacción do guión non contén erros gramaticais nin ortográficos.A redacción do guión contén menos de 3 erros gramaticais e/ou ortográficos. (1)A redacción do guión contén entre 3 e 8 erros gramaticais e/ ou ortográficos. (0.7)A redacción do guión contén entre 9 e 15 erros gramaticais e/ou ortográficos. (0.4)A redacción do guión contén máis de 15 erros gramaticais e/ou ortográficos. (0.2)
No cómic pódense apreciar todos os elementos traballados: viñetas, bocadillos, onomatopeas, cartelas, planos e figuras cinéticas.No cómic pódense apreciar todos os elementos traballados: viñetas, bocadillos, onomatopeas, cartelas, planos e figuras cinéticas. (2)No cómic pódense apreciar case todos os elementos traballados: viñetas, bocadillos, onomatopeas, cartelas, planos e figuras cinéticas. (1.4)No cómic soamente se aprecian dous dos elementos traballados: viñetas, bocadillos, onomatopeas, cartelas, planos e figuras cinéticas. (0.8)No cómic non se aprecian os elementos traballados: viñetas, bocadillos, onomatopeas, cartelas, planos, e figuras cinéticas. (0.2)
A historia distribúese nas viñetas con claridade.A historia distribúese nas viñetas con claridade. (1)A historia distribúese nas viñetas con bastante claridade. (0.7)A historia case non se distribúe nas viñetas. (0.4)A historia non se distribúe nas viñetas. (0.2)
O cómic contén imaxes nos diferentes tipos de planos traballados.O cómic contén imaxes nos diferentes tipos de planos traballados. (1)O cómic contén imaxes en tres dos tipos de planos traballados. (0.7)O cómic contén imaxes en dous dos tipos de planos traballados. (0.4)O cómic contén imaxes nun dos tipos de planos traballados. (0.2)
A parte central do cómic realízase cunha expresión de calidade, incluíndo a corrección, a orixinalidade…. A parte central do cómic realízase cunha expresión de calidade incluíndo a corrección, a orixinalidade... (1)A parte central do cómic realízase con expresión de calidade e corrección pero sen coidar a orixinalidade. (0.7)A parte central do cómic realízase con expresión de claridade pero sen corrección nin orixinalidade. (0.4)Non se coida a claridade, corrección e orixinalidade no cómic. (0.2)
Exponse o cómic seguindo as instrucións proporcionadas (making off, montaxe do vídeo…).A exposición do proceso de creación do cómic segue as instrucións proporcionadas. (1)A exposición do proceso de creación do cómic atende a algunhas das instrucións proporcionadas. (0.7)A exposición do proceso de creación do cómic non atende as instrucións proporcionadas. (0.4)Non se leva a cabo a exposición do proceso de creación do cómic. (0.2)
O cómic desenvólvese a través do traballo en equipo, de maneira colaborativa.O cómic desenvólvese totalmente a través do traballo en equipo, de maneira colaborativa. (1)O cómic desenvólvese maioritariamente a través do traballo en equipo de maneira colaborativa. (0.7)O cómic desenvólvese minoritariamente a través do traballo en equipo e de maneira colaborativa. (0.4)O cómic non se desenvolve a través do traballo en equipo. (0.2)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto da banda deseñada (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)