Saltar navegación

4.2. A seguinte pegada

Segundo paso: primeiro borrador

imaxe que amosa un semáforo en ámbar.Agora xa tedes elaborado o mapa da vosa banda deseñada. Non queda máis que levala á práctica, e comezar a debuxar. De momento, facede soamente un pequeno esbozo, non é preciso que quede perfecto, nin que lle engadades cor; só se trata de pasar a táboa anterior a un formato visual. Podedes decidir especializarvos cada persoa do grupo nunha das tarefas, por exemplo, da seguinte maneira: 

  • Unha persoa collerá a táboa da estrutura e irá indicándolle ás demais o que se debe representar en cada viñeta. Ademais, tocaralle supervisar que se cumpre todo o que establecestes previamente.
  • Outra persoa encargarase de facer os debuxos, colocar liñas cinéticas etc. Quen de vós ten a vea máis artística?
  • Por último, a persoa restante pode encargarse de encher os bocadillos cos diálogos. Xogade co tipo de letra, co tamaño, co uso de maiúsculas etc.

Lectura facilitada

Agora xa tedes o mapa da vosa banda deseñada.
Só queda levala á práctica e comezar a debuxar.
De momento, facede un pequeno esbozo.
Non é preciso que quede perfecto nin que lle engadades cor.
Trátase de pasar a táboa anterior a un formato visual.
Podedes decidir especializarvos cada persoa do grupo nunha tarefa.

Por exemplo, dunha maneira:

  • Unha persoa collerá a táboa da estrutura.
    Indicará ás demais o que se debe representar en cada viñeta.
    Ademais, supervisará que se cumpra todo o que establecestes.
  • Outra persoa encargarase de facer os debuxos.
    Tamén colocará liñas cinéticas.
    Quen de vós ten a vea máis artística?
  • A persoa restante pode encher os bocadillos cos diálogos.
    Xogade co tipo de letra, co tamaño e co uso de maiúsculas.

Último paso: os trazos finais

imaxe que amosa un semáforo en verde.Agora non queda máis que pasar o bosquexo do paso anterior á súa versión final, co aspecto o máis coidado posible.

Podedes seguir co reparto de tarefas do paso anterior ou intercambiarvos para probar algunha outra parte do proceso e así descubrir outras posibles fortalezas que aínda non coñezades.

Xa tedes claro quen de vós é mellor debuxante? E mellor rotulista?

De seguro que vos quedará unha banda deseñada digna de verdadeiros profesionais!

Lectura facilitada

Agora só queda pasar o bosquexo á versión final.
Debe ter o aspecto máis coidado posible.

Podedes seguir co reparto de tarefas do paso anterior.
Ou podedes intercambiar as tarefas.
Así probaredes outras partes do proceso.
Descubriredes outras fortalezas que aínda non coñezades.

Xa tedes claro quen é mellor debuxante?
E quen é mellor rotulista?

De seguro que vos quedará unha banda deseñada.
Será digna de verdadeiros profesionais.

Lista de cotexo

O voso camiño coa banda deseñada remata aquí. Ao longo das fases anteriores empregastes unha rúbrica para ir mellorando o voso traballo. Agora chegou a hora de dar conta dos puntos que acadastes e dos que non acadastes; para iso, tedes que cumprimentar en equipo a seguinte lista de cotexo. De seguro que fixestes un gran traballo. Ademais, como vedes, incluso se non acadastes algún dos criterios, a súa cualificación non é un 0, posto que todo traballo ten que ser recoñecido. Collede folgos, e avaliade: fostes quen de superar o reto?

Lista de cotexo do reto da banda deseñada
 AcadadoNon acadado
O guión contén todos os apartados indicados. (1) (0.25)
O guión inclúe a división en viñetas así como os acontecementos que se darán en cada unha. (1) (0.25)
A redacción do guión non contén erros gramaticais nin ortográficos. (1) (0.25)
No cómic pódense apreciar todos os elementos traballados: viñetas, bocadillos, onomatopeas, cartelas, planos e figuras cinéticas. (2) (0.5)
A historia distribúese nas viñetas con claridade. (1) (0.25)
Contén imaxes nos diferentes tipos de planos traballados. (1) (0.25)
A parte central do cómic realízase cunha expresión de calidade, incluíndo a corrección, a orixinalidade... (1) (0.25)
O proceso de creación do cómic lévase a cabo cos medios indicados. (1) (0.25)
O cómic desenvólvese a través do traballo en equipo, de maneira colaborativa. (1) (0.25)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Lista de cotexo do reto da banda deseñada (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgal

Despois de tanto darlle ao sacho e andar ás voltas co traballo, por fin chega o momento de recoller o que se sementou porque o grupo conseguiu sacar adiante o reto final. Polo camiño houbo tempo para compartir o que cadaquén sabía, enfrontar algún que outro atranco e xuntar ferramentas, ideas e habilidades que acabaron levando a bo porto este desafío.

Agora queda a pregunta do millón: quedas contenta/o co resultado ou pensas que aínda se podía apertar un pouco máis a porca?

Colle o teu diario de aprendizaxe e a reflexionar!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)