Saltar navegación

3.4. A derradeira volta

Que non quede nada atrás

Pictograma dunha persoa dando un paso.Para dar un paso adiante hai que asegurarse de que o que queda atrás está firme. A continuación, atoparás actividades para repasar o que acabamos de ver. Escolle unha destas tres opcións ou, se te ves valente, acepta o desafío e intenta facelas todas. Imos aló!

Unha ou outra

Pregunta

1. Como se chaman os elementos que representan o movemento?

Respostas

Onomatopeas

Figuras cinéticas

Retroalimentación

Pregunta

2. Nos cómics é moi común empregar palabras que representen sons, como se chaman?

Respostas

Onomatopeas

Sons

Retroalimentación

Pregunta

3. Poden ter os bocadillos distintas formas?

Respostas

Si

Non

Retroalimentación

Pregunta

4. Os planos ou __________________ son fundamentais no deseño dun cómic.

Respostas

Onomatopeas

Encadres

Retroalimentación

Pregunta

5. Como se chaman os elementos que serven para transmitir as conversas e pensamentos dos personaxes?

Respostas

Bocadillo ou globo

Viñeta

Retroalimentación

Pregunta

6. Cal é o elemento básico da banda deseñada?

Respostas

O personaxe

A viñeta

Retroalimentación

Todo cheo, todo ben

Le o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Unha ou é unha forma de contar unha historia usando e . Cada axuda a avanzar na narración, mesturando e para facer a historia máis divertida e visual.

Activar JavaScript

Tódalas partes son importantes

imaxe dun globo de diálogo.

No cómic, a composición de todos os seus elementos é fundamental para que se entenda a narración da historia. Agora tócache coller unha das bandas deseñadas que a profesora trouxo e: 

  • OPCIÓN A: Le con atención unha páxina que escollas libremente e anota no caderno se falta algún dos elementos traballados (viñetas, cartelas, bocadillos, onomatopeas, liñas cinéticas...). Se é así, indica cal ou cales non están presentes.
  • OPCIÓN B: Escolle unha páxina para analizar e identificar os elementos vistos (viñetas, cartelas, globos, onomatopeas, liñas cinéticas, metáforas visuais...). Anótaos na táboa e explica brevemente como se desenvolve a historia do cómic nesa páxina, iso si, en poucas liñas.
  • OPCIÓN C: Escolle unha páxina e, sen mirar a seguinte, elabora no caderno dúas viñetas coa continuación da historia que ti imaxines. Asegúrate de empregar nas viñetas, ademais dos globos de diálogo, algunha cartela e liñas cinéticas. Logo, compara a túa versión coa verdadeira continuación. Hai moita diferenza?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)