Documéntate ben!
Acabas de realizar un traballo monográfico sobre a banda deseñada galega en xeral, pero sabes cal é a situación da banda deseñada no teu centro en particular? Para poder levar a cabo esta investigación, é fundamental que revises todos os documentos que poidan serche de utilidade, e que mellor que a biblioteca do teu centro para isto? Ese é o lugar onde máis mostras poderás atopar sobre a banda deseñada, e é hora de poñerse mans á obra.
Vai á biblioteca e revisa os cómics dispoñibles en galego.
Fai primeiro unha reflexión global sobre eles e, logo, escolle o que máis che chamase a atención para presentarllo ao resto da clase.
Lectura facilitada
Xa fixeches un traballo sobre a banda deseñada galega.
Agora pensa: Como é a banda deseñada no teu centro?
Para isto, investigarás a biblioteca do teu instituto.
Alí atoparás bandas deseñadas. Úsaas para este traballo.
Sigue os seguintes pasos:
1. Busca na biblioteca os cómics en galego.
2. Fai unha descrición de que tipo de cómics son.
3. Escolle un que chame a túa atención e preséntallo ao resto do grupo.
Audio
Unha pequena axuda?
Nesa inspección da biblioteca fíxate en aspectos como os seguintes:
- Hai unha sección específica para a banda deseñada ou estes libros están mesturados con outro tipo de literatura?
- Hai máis mostras en castelán ou en galego?
- Cantos títulos atopaches en galego?
- Coñecías previamente algún dos cómics? Cales?
Estas preguntas poderán servirche de guía. Despois de toda esta revisión, escolle a banda deseñada que queiras compartir cos teus compañeiros e compañeiras.
